Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Educación física para o lecer
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A57 A58 A59 A60 B1 B5 B6 B9 B14 B16 B21 B22 B23 B24 C3 C8 Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse unha proposta docente na que se desenvolvan aspectos concretos do currículo de Educación Física, segundo os principios vistos en clase.
O profesor especificará con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados.
50
Proba de resposta breve A57 A58 B2 B3 B5 B14 Ao longo do curso iranse presentando aos alumnos diversas probas ou traballos breves para comprobar o seguimento e comprensión dos contidos da materia, xa sexa na aula, a través de moodle ou doutras aplicacións online. Algunhas das probas realizaranse individualmente e outras en pequenos grupos. 50
 
Observacións avaliación
Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obligatoria á participación no 80% das sesións da materia. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles.

Segunda oportunidade: ao alumnado que participe en máis dun 80% das sesións da materia na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación mínima sinalada polo profesorado. Terá que repetir as partes da avaliación nas que non alcance ese mínimo e poderá solicitárselle que as realice de forma individual.

O alumnado que non participe nun 80% das sesións da materia (xa sexan alumnos a tempo parcial, con dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos), ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas as oportunidades. Realizarase unha proba (100%) na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña na que se deberá demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da materia.

A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria
en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica
0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da
falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,
procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade,
se fose necesario.

A
metodoloxía “Saídas de campo” está suxeita á posibilidade de garantir as
medidas de seguridade dos participantes. Se non sedan as condicións de seguridade
adecuadas, esta metodoloxía poderase substituír por sesións de aula ou mesmo
virtuais (o desenvolvemento das competenciasligadas a estas metodoloxías
incorporaríanse ás metodoloxías “Aprendizaxe colaborativa”, “Sesión maxistral”,
“Presentación oral”, “Traballos tutelados”).

Os
traballos desta materia se entregan preferentemente de forma electrónica,
procurando o uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos
sobre o medio natural. Tamén se pretenderá o mesmo obxectivo coas saídas de
campo, tratando en todo momento de ser responsables co medio ambiente.

Na
asignatura facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas,
sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso
axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Asemade
deberase incorporar a perspectiva de xénero nos traballos e exposicións nesta
materia.

É
primordial e necesaria a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e
puntuación), gramatical e léxica nos traballos realizados como condición
imprescindible para superar a materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes