Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Iniciación deportiva
   Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE TEMÁTICO 1:Marco conceptual do deporte e a iniciación deportiva. Este bloque está composto de 3 temas que conceptualizan a materia, abórdanse principalmente aspectos relacionados co deporte e a súa iniciación nas idades de Educación Primaria así como as estruturas organizativas do deporte e os modelos do deporte escolar.
Tema 1. O deporte e a iniciación deportiva - Concepto de deporte e terminoloxía básica.
- Modelos de deporte na sociedade actual.
- Clasificacións do deporte.
Tema 2. As estructuras organizativas do deporte - O Consello Superior de Deportes.
- As Federacións deportivas.
- As Comunidades Autónomas.
- Os clubs e as asociacións.
- Os concellos e deputacións.
Tema 3. Análise dos modelos de deporte escolar
- Aproximación aos diferentes modelos na xestión do deporte escolar.
- Programas lúdicos, educativos e competitivos.
BLOQUE TEMÁTICO 2: A ensinanza do deporte en categorías inferiores. Neste bloque temático abórdase como se estrutura o deporte e cales son os aspectos metodolóxicos máis importantes nos procesos de ensino-aprendizaxe dos mesmos.
Tema 4. O deportista, o educador deportivo e o deporte. - Características físicas, sociais, psíquicas e afectivas dos nenos/ as.
- Rol do educador deportivo.
- Fases do ciclo vital do deportista.
Tema 5. Principios da educación motriz - Pautas a seguir no ensino do deporte en nenos/ as.
- Confección de tarefas válidas para o desenvolvemento integral do neno/a.
- Metodoloxía e didáctica do deporte escolar.
BLOQUE TEMÁTICO 3: A iniciación deportiva no contexto socioeducativo actual. Este é un bloque temático onde se expón o deporte en idade escolar fronte ás problemáticas que o rodean. Faise unha análise particular desde a óptica e reflexión do graduado en Educación Primaria, especialmente con mención en Educación Física.
Tema 6. Actualidade do deporte escolar. Problemática e medidas propostas. - Análise dos axentes que afectan directa ou indirectamente á práctica deportiva escolar.
- A educación en valores a través da iniciación deportiva.
- Hábitos hixiénico-saudables e prevención de lesións deportivas.
Tema 7. A competición deportiva en nenos e nenas e xóvenes deportistas. - Estudo e análise da competición deportiva en nenos/ as.
BLOQUE TEMÁTICO 4: As escolas deportivas: posta en práctica dun modelo de ensinanza do deporte escolar. Este bloque está composto dun tema de carácter teórico-práctico no que se propón ao alumno a elaboración dun proxecto de escola deportiva para nenos de 7 a 12 anos.
Tema 8. As escolas deportivas e as actividades extraescolares. - Desenvolvemento e práctica de sesións de iniciación deportiva a distintos deportes.
- Elaboración dun proxecto dunha escola deportiva.
- Recensión histórica, aspectos regulamentarios, ensino do deporte (técnica, táctica) e avaliación.
- Atención á diversidade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes