Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Iniciación deportiva
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Levaranse a cabo ao comezo da materia actividades iniciais para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado para o logro dos obxectivos para alcanzar. Deste xeito poderemos coñecer información de interese (punto de partida) para articular mellor a docencia e optimizar os procesos de ensino-aprendizaxe.
Sesión maxistral Os temas correspondentes aos bloques 1, 2 e 3 da materia serán expostos na aula a través de diferentes medios: explicación oral, apoio con presentacións informáticas, visualización de materiais didácticos en soporte CD e DVD.
Proba mixta Realizarase unha proba obxectiva na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña. A proba pode incluír preguntas longas, curtas e/ou tipo test e versará sobre todos aqueles contidos abordados tanto nas sesións teóricas como nas prácticas.
Aprendizaxe colaborativa Realizaranse diversos traballos guiados polo docente na aula e tamén a través da plataforma moodle da Universidade da Coruña Virtual. Estes traballos organizaranse en pequenos grupos que traballarán conxuntamente na resolución de problemas concretos.
Práctica de actividade física A través desta metodoloxía realizaranse prácticas no pavillón universitario a través dos contidos da materia e aplicados aos diferentes ciclos da Educación Primaria. As prácticas serán dirixidas polo docente e desenvoltas polos alumnos.
Traballos tutelados Realizarase un traballo teórico-práctico para expoñer en clase. Consiste na confección dun proxecto de escola deportiva ou actividade extraescolar.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes