Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Sistemas alternativos de comunicación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos programáticos.
Traballos tutelados O alumnado entregará os materiais produto das actividades de aprendizaxe: taboleiros e plantillas de comunicación, caderno de PECS, catálogo de tecnoloxía de apoio, conto adaptado, unidade didáctica adaptada e os materiais necesarios de avaliación e para a participación dos alumnos con necesidades comunicativas especiales. Computa na avaliación
Eventos científicos e/ou divulgativos O alumnado asistirá obrigatoriamente ós eventos divulgativos programados para a materia. Nestes eventos contarase coa participación de profesionales da área da comunicación aumentativa e alternativa; estes amosarán unha selección de produtos de apoio á comunicación de alta tecnoloxía, accesos alternativos e programas específicos de comunicación alternativa.
Análise de fontes documentais Uso de seccións de documentos audiovisuais, relevantes para os sistemas alternativos de comunicación, con actividades especialmente deseñadas para o seu análise. Estes documentos se usarán como introducción xeral a diferentes temáticas do programa.
Glosario Ferramenta para a explicación e contextualización de termos e conceptos na área dos sistemas de comunicación aumentativa e alternativa para facilitar a súa comprensión.
Obradoiro Os alumnos realizarán prácticas para a aprendizaxe de sistemas alternativos non asistidos (alfabeto dactilolóxico, sistema bimodal e palabra complementada) coa axuda e superivisión da profesora.
Aprendizaxe colaborativa Os alumnos, organizados en pequenos grupos, traballarán colaborativamente para resolver as tarefas asinadas pola profesora. Serán guiados persoalmente ou mediante o uso de tecnoloxías da información e da comunicación.
Simulación Presentaránse ós alumnos situación semellantes as que atoparán no eido educativo relacionada coa aplicación dos sistemas de alternativos de comunicación
Proba obxectiva Os alumnos terán que superar unha proba obxectiva que consistirá na combinación de preguntas de ordenación e secuenciación, de preguntas de resposta breve e de preguntas de completar.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes