Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Sistemas alternativos de comunicación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 A30 B14 B16 B22 B23 Coa realización dos traballos valorarase a adquisición de procedimentos "saber facer".
Cada grupo de traballo colaborativo entregará nos axeitados prazos os materiais que son produto das actividades de aprendizaxe realizadas durante as clases interactivas.
Os traballos tutelados computan o 25% da nota final.
25
Eventos científicos e/ou divulgativos A17 B11 B12 A asistencia ós eventos programados é obrigatoria.
O alumnado elaborará e entregará un catálogo cos últimos produtos de apoio á comunicación do mercado.
O catálogo entregado computa un 5% da calificación final.
5
Proba obxectiva A6 A17 B2 B11 B21 Con esta proba valorarase o dominio e asimilación dos contidos teóricos do temario.
A proba obxectiva consiste nunha combinación de preguntas de asociacion, de resposta breve, de completar e de ordenación.
Computa o 70% da calificación final.
70
 
Observacións avaliación

A asistencia a clase é obrigatoria. As ausencias terán que estar debidamente xustificadas.

Para aprobar a materia é imprescindible superar a proba obxectiva que computa o 70% da nota, maila achega do catálago de produtos de apoio á comunicación (5%) e de todos os traballos tutelados (25%).

Admítese dispensa académica. O alumnado con dispensa ou non presencial terá que informar necesariamente á profesora desta situación ó principio do curso para recibir as pautas correspondentes e terá que firmar o día que se presente para que haxa constancia da entrevista. O alumnado neste caso terá que facer o exame na data da convocatoria oficial de todos os contidos da materia, téoricos e prácticos. Os requisitos para superar a materia na modalidade no presencial son os mesmos que para os alumnos que asisten a clase. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes