Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Sistemas alternativos de comunicación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 A30 B14 B16 B22 B23 B24 Coa realización dos traballos valorarase a adquisición de procedimentos "saber facer".
Cada grupo de traballo colaborativo entregará nos axeitados prazos os materiais que son produto das actividades de aprendizaxe realizadas durante as clases interactivas.
Os traballos tutelados computan o 50% da nota final.
50
Proba obxectiva A6 A17 B2 B11 B21 A aprendizaxe do alumnado será avaliada de forma continua de xeito que o longo do curso os e as alumnas terán que facer probas obxectivas por bloques de contidos (temas completos ou por partes), que consistirán en preguntas de verdadeiro-falso, de resposta múltiple ou de resposta breve e que serán desenvolvidas a través de plataforma Moodle.


50
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é imprescindible aprobar a proba obxectiva e a presentación de todos os traballos tutelados.

Admítese dispensa académica. O alumnado con dispensa terá que informar necesariamente á profesora desta situación ó principio do curso para recibir as pautas correspondentes nunha titoría virtual. Os requisitos para superar a materia nesta modalidade son os mesmos que para o resto de alumnado.

Con relación a comisión de fraude nas probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidades, se fose necesario.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes