Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Atención á diversidade: aspectos didácticos e organizativos
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Atención á diversidade: aspectos didácticos e organizativos Código 652G02038
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Castro Rodríguez, Mª Montserrat
Correo electrónico
maria.castror@udc.es
Profesorado
Castro Rodríguez, Mª Montserrat
Correo electrónico
maria.castror@udc.es
Web http://Www.udc.gal
Descrición xeral Esta materia ten como obxectivo que o futuro profesorado adquira competencias que lle permitan identificar e planificar a súa práctica educativa dende a perspectiva de atención á diversidade de necesidades, potencialidades, intereses individuais e colectivos de TODO O ALUMNADO, dende unha perspectiva inclusiva. Enténdese a diversidade como unha oportunidade de aprendizaxe. Por este motivo, é necesario identificar os elementos didácticos e organizativos que poden confluir no desenvolvemento de unha proposta pedagóxica. A partir de aí, trátase de buscar, analizar, utilizar metodoloxías, estratexias didácticas máis axeitadas a cada persoa, colectivo e contexto educativo, así como organizar ditos elementos didácticos para que todo o alumnado poida aprender conxuntamente de acordo coas súa características e condicións.
Plan de continxencia Esta materia ao ser no 2º cuatrimestre, concíbese como presencial, pero podería pasar a non presencial se fose preciso. 1. Modificacións nos contidos NOn se realizan cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Manteríase todas as propostas: -Actividades iniciais, -Discusión dirixida, -Estudo de caos, -Lecturas, -Eventos científicos e/ou divulgativos -Sesión maxistral -Investigación (Proxecto de investigación) -Traballos tutelados -Aprendizaxe colaborativa *Metodoloxías docentes que se modifican 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico: consultas, concreción de xuntanzas envío de traballos para seguimento. Moodle. Foros temáticos para a abordar temáticas específicas, foros de actividades para as discusións dirixidas, tarefas para subir traballos específicos realizados nas interactivas que non sexan online. Teams. A sesión expositiva semanal e as interactivas en grupos pequenos, realizaranse a través de teams sempre sexa necesario; as titorías individuais ou colectivas. 4. Modificacións na aviación *Observacións de avaliación: Non hai cambios 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se modifica
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes