Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Atención á diversidade: aspectos didácticos e organizativos
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais A principios do cuatrimestre cada estudante terá que describir unha experiencia, situación, reflexión sobre situacións vividas no practica con alumnado, profesorado e/ou familias. As experiencias agruparan nun documento compartido por toda á clase. Estas experiencias que estarán relacionados cos temas da materia servirán para traballar con elas nas clases é para a elaboración do traballo de investigación e os traballos tutelados.
Discusión dirixida Trátase de intercambiar razoamentos e elaborar un pensamento propio sobre os temas traballados
Estudo de casos Cada estudante ou grupo de estudantes seleccionará unha situación de ensino-aprendizaxe real que terá que describir, analizar e interpretar, e finalmente proporcionará pautas e orientacións para realizar promover unha educación inclusiva para todos e todas. O obxectivo desta actividade é que cada estudante sexa capaz de identificar variables, realizar hipóteses, etc que lle axuden a comprender qué está ocorrendo na aula. O alumnado conta con unha guía de análise de casos, que consta de tres apartados: identificación dos trazos significativos da situación, realización de hipóteses que axuden a explicar que pode estar ocorrendo nese e contexto e proporcionará suxerencias para o traballo na aula co obxectivo de superar esa situación. ESTAMOS EN PROCESO DE NEGOCIACIÓN, PARA INTENTAR QUE ESTA MATERIA POIDA DESENVOLVERSE A TRAVÉS DUN APS, POLO QUE ESTAS ACTIVIDADES PODERÍAN REALIZARSE DENTRO DEL.
Lecturas Indicaranse na aula as que teñen caracter obrigatorio e as que teñen un caracter opcional
Eventos científicos e/ou divulgativos Trátase de aproveitar os distintos recursos da universidade e doutras institucións ou agrupacións de caracter cultural, educativo, en relación cos contidos e competencias da materia.
Sesión maxistral Realizarase ao inicio de cada unidade temática, ou cando através do seguimento do traballo de aula e individual, se perciba a necesidade de aclarar ou introducir conceptos esenciais ou novidosos
Traballos tutelados Os traballos realizaranse na aula maioritariamente e forma parte da avaliación continua. O alumnado ao longo do cuatrimestre terá que realizar cinco tarefas que servirán para a avaliación continua. Será un traballo en equipo, que non superen os cinco membros. Cada equipo terá que facer unha proposta de intervención contextualiza nunha aula ordinaria concreta que se definirá explicará detalladamente. Cada equipo terá que realizar unha proposta de intervención para dita aula ordinaria. A proposta didáctica farase dende unha perspectiva de atención á diversidade inclusiva, baseada no Deseño Universal de Aprendizaxe. Cada equipo exporá a súa proposta. ESTAMOS EN PROCESO DE NEGOCIACIÓN, PARA INTENTAR QUE ESTA MATERIA POIDA DESENVOLVERSE A TRAVÉS DUN APS, POLO QUE ESTAS ACTIVIDADES PODERÍAN REALIZARSE DENTRO DEL.
Proba práctica Esta actividade realízase en equipo. Ao alumnado propónselle un caso prácticos dos propostos polo propio alumnado e terán que analizar as posibles hipóteses do que sucede nesa situación, que obstáculos se detectan e que dificultan que todo a alumnado poida compartir unha experiencia de aprendizaxe exitosa para todas as persoas que integran a aula. Analizarase a capacidade do equipo para detectar o que ocorre, as estratexias e propostas que realizan para superar os problemas que caracterizan esa situación.
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe colaborativa será a constante da materia. Os traballos tutelados e a proba práctica realizaranse en equipo e, quen o considere, tamén poderá realizar o estudo de caso. Os equipos darán unha avaliación interna do seu grao de funcionamento e da implicación no seguimento da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes