Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Atención á diversidade: aspectos didácticos e organizativos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A3 A4 A6 A20 B16 B17 B21 B22 B23 B24 B25 C4 Para o traballo desta materia, o alumnado terá que recoller situacións, vivencias súas relacionadas co practicum ou outro tipo de experiencias relacionadas coa atención á diversidade (AAD) e compartiranse nun onedrive. Partindo destas experiencias, abordaranse os contidos previstos. O proxecto de investigación, consistirá en que os estudantes, organizaranse en equipos docentes na que cada persoa adoptará roles de titor/a e/ou especialistas noutras áreas, que terán que deseñar, caracterizar un aula onde recollan algunhas das experiencias compartidas... Tendo este referente, cada equipo analizará, investigará, fundamentará qué variables interactúan nesa aula, para a continuación facer unha proposta de pautas xerais de intervención relacionadas obxectivos, metodoloxías, avaliación, materiais e recursos, etc.
Os criterios de avaliación do traballo son:
1. Identificación das variables que interveñen no proceso
2. Análise e fundamentación, onde será necesario complementar as decisións do grupo co uso de bibliografía
3. Tomas de decisión sobre as pautas a empregar, fundamentadas e xustificadas

50
Proba mixta A3 A4 A6 A11 A20 B16 B17 B21 B23 B24 B25 C4 Especificarase na aula o tipo de preguntas e o peso de cada pregunta na avaliación.

O exame constará de dúas preguntas interrelacionadas entre si. Partirase de un contexto de aula que ten unhas determinadas características. O alumnado analizará, interpretará e fará unha proposta de intervención. Toda explicación e proposta de intervención terá que estar fundamentada teoricamente.
Nas preguntas de desenvolvemento teranse en conta a pertinencia e organización do contido, o dominio conceptual, a conexión entre ideas, a claridade expositiva, e a corrección gramatical.
50
 
Observacións avaliación

Os traballos tutelados realízanse nas sesións interactivas e tamén ocupan gran parte do traballo autónomo do alumnado que se organizará en pequenos grupos para a sua realización.  

O exame terá unha puntuación máxima de 5 puntos e outros 5 o proxecto de investigación. Para superar a materia haberá que ter como mínimo un 2 en cada unha das probas. O sumatorio das dúas partes ten que ser como mínimo un 5.

O alumnado con recoñecemento oficial de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, deberá acudir ás titorías para programar as sesións interactivas e expositivas, nas que non poderá estar, co fin de planificar os traballos substitutorios, se fose o caso. Estas especificidades so serán necesarias para o Proxecto de investigación, para a proba mixta concorrerá nas mesmas condicións que o resto do alumnado.

Os traballos presentaranse en formato dixital.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes