Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Subjects
  Attention to Diversity: Pedagogic and Management Aspects
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Case study A3 A4 A20 B16 B17 B22 Cada estudante ou grupo de estudantes seleccionará dúas situacións de ensino-aprendizaxe real que terá que describir, analizar e interpretar, e finalmente proporcionará pautas e orientacións para realizar promover unha educación inclusiva para todos e todas. O traballo terá unha extensión máxima de 5000 palabras. Os criterios de avaliación son:
-Descrición e identificación da información necesaria para realizar un informe do alumnado completo e adecuado a cada situación.
-Hipóteses que poidan contribuir a explicar e entender mellor que pode estar ocorrendo nesa aula para que se xenere esa situación.
-Pautas para implementar nese contexto específico de aula ordinaria para promover unha escola inclusivo para todos e todas
-Emprego de bibliografía
-Valorarase positivamente a integración con carácter transversal a inclusión da análise e intervención dende unha perspectiva ecosistémica que integre a perspectiva de xénero, de sustentabilidade e lingüística, que se explicará detalladamente na clase.
50
Supervised projects A3 A4 A6 A11 A20 B16 O traballo tutelado inicialmente o alumnado deseñará o espazo físico dunha aula ordinaria, á que asistirán un grupo de estudantes (algúns dos cales poden ser os mismos do proxecto de investigación). Posteriormente terá que facer unha proposta de intervención ou pautas orientadas á selección de obxectivos, contidos, metodoloxía, estratexias de intervención, recursos e materiais, avaliación, etc que respondan ás distintas necesidades do todo o alumnado da aula.
Criterios de avaliación:
1. Formulación de obxectivos acordes coas características dunha aula na que se pretende dar resposta á diversidade desde unha perspectiva inclusiva. (10%)
2. Selección e xustificación da metodoloxía, recursos e materiais, avaliación e todas as medidas necesarias para abordar a diversidade desa aula específica. (10%)
3. Propostas e directrices para adoptar na aula para superar situacións de discriminación, exclusión e para facilitar a cohesión e a convivencia na aula. (10%)
4. Uso da bibliografía (10%)
5. Exposición oral (10%)
50
 
Assessment comments

O estudo de caso terá unha puntuación máxima de 5 puntos e outros 5 o traballo tutelado/proxecto de intervención. Para superar a materia, debes ter un mínimo de 2 en cada unha das probas. A suma das dúas partes debe ser como mínimo dun 5.

A modalidade de avaliación será a mesma para o todo o alumnado e para as dúas convocatorias (maio e xuño).

O alumnado con recoñecemento oficial de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, deberá acudir ás titorías para programar as sesións interactivas e expositivas nas que non puidera participar co fin de planificar os traballos. O traballo tutelado/proxecto de intervención suxírese que sexa feito tamén en equipo como no caso de asistentes, pero estudarase cada caso específicamente.

Os traballos presentaranse en formato dixital no campus virtual na tarefa deseñada para tal fin.

No caso de poder implementar un APs, ambas actividades poderán realizarse dentro dese marco. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes