Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Atención á diversidade: aspectos didácticos e organizativos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A3 A4 A6 A20 B16 B17 B21 B22 B23 B24 B25 C4 O proyecto de investigación farase a partir da selección dunha serie de casos recollidos nas actividades iniciais. Seleccionaránse os casos a partir dos contidos da materia (aspectos didácticos e organizativos da atención á diversidade) para analizalos, co obxectivo fundamental de identificar qué está ocurrendo na aula que afecte a unha persoas o máis, cáles poden ser as variables que poden converxer nesa realidade e que poden contribuir á aparición de situacións de conflito ou de exclusión (metodoloxía, materiais, espazos, tempos, clima de aula, avaliación, etc).
Os criterios de avaliación do traballo son:
1. Identificación das variables que interveñen no proceso de ensino-aprendizaxe, que poden xerar situacións de exclusión individual e colectiva dentro dunha aula ordinaria. (15%)
2. Análise e xustificación das variables identificadas no punto 1, así como as posibles causas dos problemas que se xeran na aula. (15%)
3. Fontes bibliográficas (10%)
4. Exposición oral (10%)
50
Traballos tutelados A3 A4 A6 A11 A20 B16 O traballo tutelado inicialmente o alumnado deseñará o espazo físico dunha aula ordinaria, á que asistirán un grupo de estudantes (algúns dos cales poden ser os mismos do proxecto de investigación). Posteriormente terá que facer unha proposta de intervención ou pautas orientadas á selección de obxectivos, contidos, metodoloxía, estratexias de intervención, recursos e materiais, avaliación, etc que respondan ás distintas necesidades do todo o alumnado da aula.
Criterios de avaliación:
1. Formulación de obxectivos acordes coas características dunha aula na que se pretende dar resposta á diversidade desde unha perspectiva inclusiva. (10%)
2. Selección e xustificación da metodoloxía, recursos e materiais, avaliación e todas as medidas necesarias para abordar a diversidade desa aula específica. (10%)
3. Propostas e directrices para adoptar na aula para superar situacións de discriminación, exclusión e para facilitar a cohesión e a convivencia na aula. (10%)
4. Uso da bibliografía (10%)
5. Exposición oral (10%)
50
 
Observacións avaliación

Os traballos tutelados realízanse nas sesións interactivas e tamén ocupan gran parte do traballo autónomo do alumnado que se organizará en pequenos grupos para a sua realización.  

O proxecto de investigación terá unha puntuación máxima de 5 puntos e outros 5 os traballos tutelados. Para superar a materia, debes ter un mínimo de 2 en cada unha das probas. A suma das dúas partes debe ser como mínimo dun 5.

O alumnado con recoñecemento oficial de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, deberá acudir ás titorías para programar as sesións interactivas e expositivas, nas que non poderá estar, co fin de planificar os traballos.

Os traballos presentaranse en formato dixital.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes