Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Subjects
  Teaching Diagnosis
   Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Actividade que se desenvolverá ao inicio do proceso de ensino-aprendizaxe, coa finalidade de coñecer as competencias previas, intereses e motivacións do alumnado en torno á materia e así poder articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas.

A dita actividade consistirá en dúas partes: (a)descripcion dun caso traballado no Practicum e (b) definición de conceptos a partires dun conxunto de posibles respostas.
Guest lecture / keynote speech Exposición dos contidos que conforman o marco teórico, mediante o uso de presentacións e medios audiovisuais que se subirán á plataforma que está a disposición da Universidad.

Ademáis, ofrecerase ao alumnado bibliografía e documentación adicional para afondar en cada tema. Sempre que sexa posible, estas sesións serán complementadas con outras metodoloxías como discusión dirigida ou estudo de casos, introducindo cuestións dirixidas ao alumnado en forma de actividade de aula, coa finalidade de transmitir os coñecementos e facilitar as aprendizaxes.
Supervised projects O alumnado levará a cabo, ao longo do cuadrimestre, diversos traballos cuxa finalidade é que o alumnado coñeza, comprenda e sexa capaz de aplicar á súa vida diaria os principios básicos que sustentan o diagnóstico pedagóxico na actualidade. A dita capacidade deberá materializarse nun docmento final, que poderá ser presentado en formato vídeo, imaxe, debuxo, blogue... utilizando para isto os medios tecnolóxicos ao seu alcance.

O dito traballo suporá o proxecto final da materia e será presentado ao resto de compañeiros/as.
Simulation Levarase a cabo unha representación das aprendizaxes teóricas en forma de suposto hipotético (simulación) relacionado co uso dunha proba diagnóstica, na que o alumnado deberá poñer a proba o se comportamento en situacións concretas, os coñecementos adquiridos ata o momento, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias.

Relizarase de xeito presencial, apoiados polas TICs e, preferentemente, en pequenos grupos (3-4 estudiantes) para que traballen de forma conxunta na resolución das tarefas, de xeito que optimicen a súa aprendizaxe e se retroalimenten do traballo conxunto.
Case study Actividade na que se lle presentará ao alumnado unha situación problemática específica coa que podería atoparse na súa futura vida profesional. O alumnado deberá ser capaz de comprender, analizar, valorar e resolver o problema, tomando como marco de referencia as aprendizaxes adquiridas nas sesións maxistrais, así coma outros materiais complementarios facilitados pola docente ou dispoñibles na bibliografía básica da asignatura.

Realizarase grupalmente (número de participantes a determinar, segundo o número de alumnado) e, será no grupo no que se analice, debata e valore o caso presentado, e se discutan os feitos e as posibles solucións ata chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión.
Oral presentation O alumnado presentará fronte á docente e os demáis compañeiros o seu proxecto final (traballo tutelado), así como se podera acordar a presentación doutras actividades (estudio de casos, simulación). As presentacións das actividades farase de forma grupal e requirirase da participación de todos os integrantes.

Deberase presentar a modo de exposición oral, empregando para isto recursos e medios de carácter innovador. Valorarase, ademáis da calidade e claridade na exposición, a capacidade de axustarse aos tempos, a adecuación ao público e lugar da presentación e, sobre todo, a creatividad e a innovación.
Directed discussion Proporanse dinámicas nas que se aborden temáticas que inviten á reflexión do alumnado acerca de contidos relativos ao diagnóstico no campo educativo. Preténdese favorecer a construción dunha visión crítica á hora de interpretar a realidade educativa.

Utilizaranse recursos como as lecturas ou os vídeos para a contextalización das discusións, para o cal requerirase que o estudantado, previamente, realice a súa lectura/visionado crítico (traballo autónomo).
Mixed objective/subjective test Proba escrita para a avaliación continua das aprendizaxes. Esta proba subdividirase en varias partes/momentos, que corresponden coas diferentes partes do temario. Así, o alumnado poderá demostrar o seu grao de comprensión dos contidos e a súa progresión na aprendizaxe. Poderá integrar preguntas de tipo objetivo: verdadeiro/falso, de selección múltiple, orde, resposta curta, discriminación, completar e/ou asociación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes