Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Diagnóstico pedagóxico
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade que se desenvolverá ao inicio do proceso de ensino-aprendizaxe, coa finalidade de coñecer as competencias previas, intereses e motivacións do alumnado en torno á materia e así poder articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas.
Sesión maxistral Esta metodoloxía empregarase nas sesión expositivas e terá un formato tipo flipedd classroom. Así, os contidos que conforman o marco teórico da materia exporanse a través de presentación e medios audiovisuais que se subirán ao Campus Virtual. Trátase de vídeos de curta duración que o alumnado deberá visualizar fóra da aula. O dito materia subirase á plataforma cunha semana de antelación para que o alumnado poida xestionar o seu tempo para visualizalas e poder traballar na aula cos contidos teóricos que nelas se abordan dun modo máis práctico, a través de metodoloxías como discusión dirixida ou estudo de casos, introducindo cuestións dirixidas ao alumnado en forma de actividade de aula, coa finalidade de transmitir os coñecementos e facilitar as aprendizaxes.
Ademais, ofrecerase ao alumnado bibliografía e documentación adicional para afondar en cada tema.
Traballos tutelados O alumnado levará a cabo, ao longo do cuadrimestre, diversos traballos cuxa finalidade é que o alumnado coñeza, comprenda e sexa capaz de aplicar á súa vida diaria os principios básicos que sustentan o diagnóstico pedagóxico na actualidade. A dita capacidade deberá materializarse nun proxecto final, que poderá ser presentado en formato vídeo, imaxe, debuxo, blogue... utilizando para isto os medios tecnolóxicos ao seu alcance, e será presentado ao resto de compañeiros/as.
Simulación Levarase a cabo unha representación das aprendizaxes teóricas en forma de suposto hipotético (simulación) relacionado co uso dunha proba diagnóstica, na que o alumnado deberá poñer a proba o se comportamento en situacións concretas, os coñecementos adquiridos ata o momento, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias.

Relizarase de xeito presencial, apoiados polas TICs e, preferentemente, en pequenos grupos (número de participantes a determinar, segundo a matrícula de alumnado) para que traballen de forma conxunta na resolución das tarefas, de xeito que optimicen a súa aprendizaxe e se retroalimenten do traballo conxunto.
Estudo de casos Actividade na que se lle presentará ao alumnado unha situación problemática específica coa que podería atoparse na súa futura vida profesional. O alumnado deberá ser capaz de comprender, analizar, valorar e resolver o problema, tomando como marco de referencia as aprendizaxes adquiridas nas sesións maxistrais, así coma outros materiais complementarios facilitados pola docente ou dispoñibles na bibliografía básica da asignatura.

Realizarase grupalmente (número de participantes a determinar, segundo a matrícula de alumnado) e, será no grupo no que se analice, debata e valore o caso presentado, e se discutan os feitos e as posibles solucións ata chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión.
Presentación oral O alumnado presentará fronte á docente e os demais compañeiros o seu proxecto final, así como se poderá acordar a presentación doutras actividades realizadas a modo de estudio de casos, simulación... As presentacións das actividades farase de forma grupal e requirirase da participación de todos os integrantes.

Deberase presentar a modo de exposición oral, empregando para isto recursos e medios de carácter innovador. Valorarase, ademais da calidade e claridade na exposición, a capacidade de axustarse aos tempos, a adecuación ao público e lugar da presentación e, sobre todo, a creatividade e a innovación.
Discusión dirixida Proporanse dinámicas nas que se aborden temáticas que inviten á reflexión do alumnado acerca de contidos relativos ao diagnóstico no campo educativo. Preténdese favorecer a construción dunha visión crítica á hora de interpretar a realidade educativa.

Utilizaranse recursos como as lecturas ou os vídeos para a contextualizadiño das discusións, para o cal requirirase que o estudantado, previamente, realice a súa lectura/visionado crítico (traballo autónomo).
Proba mixta Proba escrita para a avaliación continua das aprendizaxes. Esta proba subdividirase en varias partes/momentos, que corresponden coas diferentes partes do temario. Así, o alumnado poderá demostrar o seu grao de comprensión dos contidos e a súa progresión na aprendizaxe. Poderá integrar preguntas de tipo obxectivo: verdadeiro/falso, de selección múltiple, orde, resposta curta, discriminación, completar e/ou asociación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes