Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Diagnóstico pedagóxico
   Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Proba mixta
Traballos tutelados
Descrición
Durante o desenvolvemento das actividades prácticas, os grupos disporán de 1.30 h. de atención personalizada na aula, entendida como atención, supervisión e seguemento dos grupos de traballo, para resolver as dúbidas que poidan xurdir durante o manexo de fontes e a resolución de problemas prácticos. Isto supón que o alumnado debe participar nas sesións prácticas de xeito activo.

O alumnado poderá consultar dúbidas no horario de titorías. As ditas titorías serán atendidas de forma presencial (despacho P1 A19), exclusivamente no horario de titorías que figura na web da Facultade.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudante dos Grao na UDC (Art. 2.3.,3b y 4.5) (29%5/212)", desenvolverá a súa actividade coa asistencia e a participación nas dinámicas recollidas no apartado de "Metodoloxías" y en "Atención personalizada" aplicable ás prácticas, sempre que lle sexa posible. A actividade farase seguindo as observacións de avaliación sobre a flexibilidade da asistencia-participación e os requerimentos para superar a materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes