Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Diagnóstico pedagóxico
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A3 B21 B22 B23 B24 Realizaranse varias probas ao longo do cuadrimestre coa fin de valorar a adquisición dos coñecementos teóricos e prácticos, que poderán incluir preguntas de resposta múltiple, ordenación, resposta breve, discriminación, completar e/ou asociación, ou ben só tipo dalgunha destas.

O alumnado terá dereito a avaliarse en calquera da dúas linguas vehiculares nas que se imparte a materia.

O sistema de corrección será:

- Preguntas V/F: unha resposta incorrecta restará unha resposta correcta.

- Preguntas de resposta múltiple: aplicarase a fórmula de corrección ao azar (acertos - erros/nº alternativas – 1).

- Preguntas resposta curta: valorarase a claridade e a capacidade de síntese e adecuación da resposta á pregunta formulada.

Nota importante: a proba mixta introdúcese no formato de “Avaliación continua” que substitúen a exame final; é dicir, o alumnado deberá ir superando as probas ao longo do curso. Cada unha das probas terá contidos diferenciados e excluíntes (é dicir, eliminase materia tras cada proba). É requirido que, no seu conxunto, o estudante acade un mínimo do 50% da nota para que esta metodoloxía sexa considerada “superada”.
No caso de non acadar o mínimo do 50% (5 puntos sobre 10), o estudante terá que someterse á avaliación na 2ª oportunidade de Xullo, aparecendo na primeira convocatoria coa calificación de 4 (suspenso).
50
Traballos tutelados A4 A6 A7 B1 B9 B14 B17 B18 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C4 O longo do cuadrimestre irase desenvolvendo un conxunto de actividades (fundamentalmente, a desenvolver na aula), das que algunhas delas poderá ser requirida a súa presentación na aula ou a entrega dalgún informe.

Estas actividades, ademáis, serán de utilidade para que o alumnado vaia nutrindo de contidos o seu proxecto final, o cal será íntegramente avaliado na súa presentación oral.

O alumnado terá dereito a avaliarse en calquera da dúas linguas vehiculares nas que se imparte a materia.
20
Presentación oral B1 B9 B13 B17 B23 B24 C1 C3 Levarase a cabo un Proxecto Final que o alumnado irá nutrindo de contidos ao longo do cuadrimestre coas actividades que se realicen na aula e coas orientacións que a docente facilite a cada grupo nas sesións dispostas para a realización do traballo na aula, e mediante a titorización fóra da mesma.

O dito traballo poderá consistir no deseño dun blogue, a realización dun video (entrevista, investigación, exposición...), a creación dun conto, entre outras prosibilidades, e co que se logren reproducir os principios fundamentais que sustentan o diagnóstico pedagóxico en Educación Primaria.

O alumnado terá dereito a avaliarse en calquera da dúas linguas vehiculares nas que se imparte a materia.

O alumnado disporá con antelación dunha rúbrica na que se especificarán os aspectos que se valorarán no traballo. Así mesmo, tentarase empregar metodoloxías complementarias á avaliación da docente, que permitan a reflexión sobre a propia práctica (autoavaliación) e sobre a práctica dos compañeiros/as (avaliación entre iguais), acadando unha avaliación compartida que involucre ao profesorado e ao estudantado (coavaliación).
30
 
Observacións avaliación

REQUERIMENTOS PARA SUPERAR A MATERIA:

  • Asistir a clase. A asistencia a clase é
    obrigatoria nun 80% das sesiones.
  • Participar en clase. A condición de alumnado asistente (80% de asistencia)
    supón, non só a asistencia, senón tamén a participación e aproveitamento do
    tempo de clase. Para isto, é moi recomendable que o alumnado visualice e/ou realice a lectura dos materiais subidos á plataforma na que se colgan todos os materiais da asignatura, pois nela se atopan os contidos fundamentais para realizar un correcto desenvolvemento das sesións e para superar a materia.
  • Realizar
    todas as actividades obrigatorias que computan na avaliación final da materia;
    isto é: a proba mixta (tests dos bloques de contidos), os traballos tutelados
    e  a presentación oral.
  • Acadar
    o 50% da calificación en cada unha das metodoloxías de avaliación para superar
    a materia, calquera que sexa a modalidade de avaliación á que se somete o
    estudante. No caso de non acadar o 50% nalgunha das partes, a calificación
    final será de 4 puntos.
  • Axustarse
    ás datas de entrega sinaladas no calendario presentado durante a presentación
    da materia. As entregas fóra de prazo ou a ausencia de entrega terán unha
    calificación de 0 puntos e, polo tanto, suporán unha calificación final de
    suspenso.
  • Realizar
    as actividades propostas, aproveitando e optimizando o tempo que se destina na
    aula.
  • Realizar
    traballos de carácter orixinal. O incumprimento das normas éticas na
    realización de traballos académicos suporá unha calificación de 0 puntos na
    mesma e, polo tanto, dará lugar a unha calificación final de suspenso. Baixo
    ningunha circunstancia aceptaranse traballos parcial ou totalmente extraídos
    doutras fontes que non foran debidamente citadas. 


MODALIDADES DE AVALIACIÓN:

Tendo en conta a posible existencia de
alumnado que, polas súas circunstancias particulares non poda asistir a clase, e polo tanto, formar parte dun grupo de traballo e realizar a presentación oral do proxecto, terase en conta diversas modalidades de avaliación segundo o réxime
de adicación do alumnado:
  • AVALIACIÓN CONTINUA: modalidade de avaliación
    aplicable ao alumnado asistente; é dicir, a aquel que cumpra co requisito de
    asistencia dun 80%; e ao alumnado con recoñecemento de adicación a tempo
    parcial.
    • Alumnado asistente: Será avaliado ao longo
      do proceso de aprendizaxe, a través da realización das actividades prácticas
      (traballos tutelados) e a súa presentación oral, revisado pola profesora, así
      como da avaliación formativa a través dos test correspondentes á proba mixta.
      Os test estarán programados para as datas que a docente indicará o primeiro día
      de clase. Non poderán ser realizados fora do horario de clase nin fora das
      datas establecidas.
    • Alumnado con recoñecemento de dedicación a
      tempo parcial: atendendo á norma que regula o réxime de adicación ao estudo e a
      permanencia e progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na
      Universidade da Coruña (aprobada en Consello de Goberno o 28 de xuño de 2016),
      nos seus artigos 4, 5 y 6, será necesario que este alumnado solicite a dispensa
      e a entregue á docente. O alumnado que se adhira a esta modalidade será
      avaliado baixo o seguinte proceso de avaliación:
(a) Terá que entregar os traballos que sexan obxecto de avaliación (20%), realizados de xeito
individual, no tempo e forma establecido 
para o alumnado presencial. Dado que non se someterá á presentación
oral, o Proxecto Final consistirá na presentación do seu proxecto a través dun
vídeo explicativo, gravado polo/a estudante e entregado na data establecida
para o conxunto do alumnado.  A valoración desta presentación oral
corresponderá íntegramente á docente (30%), anulándose a posibilidade de
realizar coavaliación.
(b) Terá que realizar as probas correspondentes á
metodoloxía de avaliación “proba mixta” nas mesmas condicións que o alumnado
asistente (isto é, debe cumprir os prazos establecidos pola docente) e cuxa
cualificación será do 50% da nota final; isto é, 5 puntos sobre 10, pero é
necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 2.5
punto). 
  • AVALIACIÓN FINAL: modalidade de avaliación
    aplicable ao alumnado non asistente (aquel que non cumpre co requisito de
    asistencia mínimo do 80%), así como aquel que non participa da realización de algunha das probas online (proba 
    mixta). Para este alumnado, establécese que:
    (a)  Será recomendable que realice todas as actividades que se
    desenvolverán na aula co alumnado presencial, pero de forma autónoma e contando
    coa supervisión da profesora no horario de titorías. Estas actividades non serán entregadas á
    docente, senón que serán avaliadas a través dunha proba que se realizará ao
    final do cuadrimestre  (1ª convocatoria
    oficial) e na cal, estas actividades corresponden ao 50% da nota final; isto é,
    5 punto sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar
    (é dicir,  mínimo 2.5 puntos).
     (b) Os
    contidos teóricos estarán a disposición do alumnado non asistente a través dos
    vídeos e do Manual Docente, no Campus Virtual. Estes contidos incluiranse
    dentro da “proba mixta” (Exame 1ª Convocatoria oficial), xunto co especificado
    no apartado a. Esta parte do examen terá un peso do 50% da nota final; isto é,
    5 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar
    (é dicir, mínimo 2.5 puntos).  
A data da
proba na que se incluirán os contidos especificados no apartado a e b está fixada pola Xunta de Facultade (Exame 1ª
Convocatoria Oficial).

As metodoloxías que se
teñan aprobadas na 1ª Convocatoria (Maio-Xuño) só se gardarán para a 2ª
Convocatoria (Xuño-Xullo) do ano en curso.
Os traballos serán entregados fundamentalmente en formato dixital, e nos casos que a entrega sexa en papel este deberá ser reciclado, evitántodose o uso de plásticos. Ademáis se esixirá a utilización dunha linguaxe non sexista e non discriminatorio
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes