Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Medio histórico e xeográfico de Galicia e a súa didáctica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Medio histórico e xeográfico de Galicia e a súa didáctica Código 652G02040
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán
Correo electrónico
uxio.breogan.dieguez.cequiel@udc.es
Profesorado
Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán
Correo electrónico
uxio.breogan.dieguez.cequiel@udc.es
Web http://https://pdi.udc.es/es/File/Pdi/F57DK
Descrición xeral A materia está orientada ao traballo experimental, activo e vivencial, de cara a descubrir e comprender o medio galego, como un recurso didáctico e como unha fonte versátil de aprendizaxe. Preténdese que o alumnado coñeza, deseñe e experimente con recursos, ferramentas e materiais didácticos que lle sexan de utilidade para a súa formación e para a aplicación no currículo de Educación Primaria. Preténdese fomentar a creatividade e a autonomía. Ensáiase, de maneira experimental, a metodoloxía de traballo por proxectos e centros de interese. Asi, a materia vana definindo a propia dinámica do curso e os centros de interese do alumnado, polo que se trata dun programa flexible e aberto. Realízanse actividades interdisciplinares, obradoiros, saídas culturais, construción activa de temas, etc.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Actividades iniciais - Análise de fontes documentais - Sesión maxistral - Aprendizaxe colaborativa - Traballos tutelados - Presentación oral - Etc. *Metodoloxías docentes que se modifican Non se realizarán cambios. A única modificación é que as tarefas e traballo a realizar realizaranse a través das ferramentas online: Moodle, Teams, Stream, Forms). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico, disponíbel diariamente, para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas (vía Teams) e facer o seguimento dos traballos tutelados. Moodle: Segundo a necesidade do alumnado a través dos foros (estando disponíbel diariamente). Teams: 1 sesión semanal (prefentemente en coincidencia co horario oficial das aulas interactivas da materia e no horario oficial de titorías dos docentes), apoiando a realización dos “traballos tutelados”. 4. Modificacións na avaliación Non se realizarán cambios no referido ás porcentaxes. Só presentará modificacións no referido ao formato no que se realizará, que será de xeito telemática. Os traballos serán entregados ou presentados a través das diferentes ferramentas informáticas que, preferentemente, son empregadas pola UDC (Teams, Moodle, Stream ou Forms) e o alumnado realizará o traballo colaborativo de forma, igualmente, telemática. *Observacións de avaliación: O alumnado que non superara a avaliación contínua, será orientado para que mellore a devandita tarefa ou tarefas que non tivera superado. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes