Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Medio histórico e xeográfico de Galicia e a súa didáctica
   Contidos
Temas Subtemas
Unidade 1: Introdución. O medio histórico e xeográfico nas Ciencias Sociais: campo de coñecemento e formulación interdisciplinar. - Fundamentos da materia: Que obxectivos nos marcamos? Cales son os centros de interese?.
- A interdisciplinariedade e o traballo por proxectos na didáctica do medio xeográfico e histórico de Galiza nas estratexias metodolóxicas e recursos didácticos das Ciencias Sociais. Coñecemento, deseño e avaliación de proxectos innovadores na didáctica das ciencias sociais aplicados ao medio cultural galego.
- A avaliación dos coñecementos sociais, obxectivos e medios. As finalidades educativas das ciencias sociais: formación do pensamento social, educación democrática e aprendizase de actitudes e valores nunha sociedade multicultural.
- O medio cultural e o curriculum escolar da área de Ciencias Sociais da Xunta de Galicia.
Unidade 2. A Xeografía física e humana de Galiza e as paisaxes naturais. - O patrimonio xeográfico de Galiza na área do coñecemento do medio social e cultural.
- Ensino e aprendizaxe da xeografía, a construción do concepto de espazo xeográfico.
- O clima, o relevo, acción humana no medio, etc.
- Que é a paisaxe?
- Recursos didácticos para traballar a xeografía de Galiza.

Unidade 3. Vivir en sociedade. Paisaxes históricas e culturais. - O patrimonio histórico de Galiza na área do coñecemento do medio social e cultural.
-Identidade e diversidade cultural.
-Historia versus memoria histórica.
- Iniciación á recollida de información sobre a paisaxe histórica a partir de imaxes, restos e reconstrucións arqueolóxicas, obras de arte e textos escritos.
- Observación e análise da contorna social.
- As fontes de información e documentación da contorna.
-Mitos e lendas versus Historia.
Unidade 4. Evolución histórica de Galiza: desde a Prehistoria até a Contemporaneidade e o mundo da Globalización (e os vínculados con outras sociedades desde a Antigüidade). - Construíndo a Prehistoria e Historia de Galiza a través de períodos e temáticas seleccionadas para o ensino aprendizaxe da historia, a construción do concepto de tempo histórico e outros conceptos sociais.
-Biografías senlleiras como medio de comprensión da evolución histórica.
- A arte e outras manifestacións da comunicación e da creatividade. As manifestacións artísticas e culturais e o seu significado social.
- As manifestacións culturais tradicionais traballadas dende o patrimonio material e inmaterial.
-Vinculos entre a sociedade galega e outras sociedades desde a Antigüidade.
-A Galiza da Globalización.
Unidade 5. Espazos singulares de Galiza: Evolución no tempo e mutación do espazo. -Explicación e comprensión de espazos de especial singularidade.

-Coñecer e aprender a ensinar espazos singulares.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes