Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Medio histórico e xeográfico de Galicia e a súa didáctica
   Contidos
Temas Subtemas
Unidade 1: Introdución. O medio histórico e xeográfico nas ciencias sociais: campo de coñecemento e formulación interdisciplinar. - Fundamentos da materia: que obxectivos nos marcamos? cales son os centros de interese?.
- A interdisciplinariedade e o traballo por proxectos na didáctica do medio xeográfico e histórico de Galicia nas estratexias metodolóxicas e recursos didácticos das ciencias sociais. Coñecemento, deseño e avaliación de proxectos innovadores na didáctica das ciencias sociais aplicados ao medio cultural galego.
- A avaliación dos coñecementos sociais, obxectivos e medios. As finalidades educativas das ciencias sociais: formación do pensamento social, educación democrática e aprendizase de actitudes e valores nunha sociedade multicultural.
- O medio cultural e o curriculum escolar da área de ciencias sociais da Xunta de Galicia.
Unidade 2. Temas de xeografía física e humana. - Ensino e aprendizaxe da xeografía, a construción do concepto de espazo xeográfico.
- O clima, o relevo, acción humana no medio, etc.
- Recursos didácticos para traballar a xeografía de Galicia.

Unidade 3. Paisaxes naturais, históricas e culturais. - Que é a paisaxe?
- Iniciación á recolleita de información sobre a paisaxe a partir de imaxes, restos e reconstrucións arqueolóxicas, obras de arte e textos escritos.
- Observacións e análise de paisaxes naturais, históricas e culturais.
- O patrimonio xeográfico e histórico de Galicia na área do coñecemento do medio social e cultural.
- As fontes de información e documentación no entorno.
Unidade 4. Evolución dende os primeiros poboadores de Galicia e as súas relacións noutros contextos universais. - Construíndo a Prehistoria e Historia de Galicia a través de períodos e temáticas seleccionadas para o ensino aprendizaxe da historia, a construción do concepto de tempo histórico e outros conceptos sociais.
- A arte e outras manifestacións da comunicación e da creatividade. As manifestacións artísticas e culturais e o seu significado social.
- As manifestacións culturais tradicionais traballadas dende o patrimonio material e inmaterial.
Unidade 5. Temas monográficos. - Temas monográficos no discurso da historia e recursos para a didáctica. Nesta unidade traballaranse tópicos concretos que ao longo do curso vaian xurdindo, en base aos centros de interese do alumnado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes