Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Medio histórico e xeográfico de Galicia e a súa didáctica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Periodica e sistematicamente faranse debates e discusións de ideas previas sobre a motivación, interese e coñecementos con respecto á planificación e desenvolvemento da materia.
Aprendizaxe colaborativa Organización en pequenos grupos para traballar conxuntamente na resolución de tarefas sobre temas que xordan da dinámica da propia materia e temas propostos pola profesora.
Eventos científicos e/ou divulgativos Realizarase algunha actividade tipo encontro, conferencia, charla, pequeno curso nas que o alumnado terá a oportunidade de actualizar os seus coñecementos e coñecer experiencias relacionadas co ámbito da materia.
Saídas de campo Estas actividades permiten desenvolver as capacidades relacionadas coa observación directa cara á recollida de información do medio xeográfico e histórico galego para a percepción do seu potencial educativo e formador.
Son saídas concibidas para o coñecemento do medio cultural no seu máis amplo ámbito, por medio da aprendizaxe directa.
As saídas poderán ser a contornos naturais de interese xeográfico, exposicións, museos, xacementos e centros do patrimonio, e teranse en conta as posibilidades e oportunidade para a súa realización.
Proba obxectiva Ao ser unha materia de marcado carácter experimental, didáctico e de traballo colaborativo, realizarase un exercicio simple para que cada alumna/o responda de maneira individual a cuestións traballadas.
Obradoiro Están concebidos como ensaios de experimentación de traballo por proxectos.
Dado o carácter didáctico da materia, os obradoiros son de grande interese e son o núcleo central. Materialízanse en debates, exposicións, etc., deseñados e desenvolvidos polo alumnado guiado pola profesora.
Sesión maxistral As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estrutura de cada tema, cunha orientación didáctica principalmente. Realizarase co apoio de documentación específica e terá especial incidencia na metodoloxía e na práctica para a didáctica do medio histórico e xeográfico.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes