Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Medio histórico e xeográfico de Galicia e a súa didáctica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa B5 Ao longo do curso realizaranse actividades e traballos que serán avaliados como grupo e individualmente. 30
Proba obxectiva A31 A32 B3 B13 Ao ser unha materia flexible que se vai construíndo segundo os centros de interese do alumnado guiado pola profesora, e de marcado carácter experimental, esta proba é un exercicio simple a modo de resumo individual do traballado durante o curso. 30
Obradoiro A14 A16 A37 B3 B4 B5 B8 B9 B14 B15 B24 B25 C1 C8 O deseño, planificación e desenvolvemento dos obradoiros requiren unha participación activa do alumnado. Valorarase a actitude, dedicación, implicación e creatividade.
*Realizarase algunha proba de control sobre esta metolodoxía.
30
Saídas de campo A33 A34 A35 B1 C4 C7 A asistencia será obrigatoria e puntuará a participación activa, así como nas tarefas previas e posteriores ás mesmas. 10
 
Observacións avaliación

Terase en conta a participación activa e dedicación, ademais da adquisición dos coñecementos propios da materia.

O
alumnado que non chegue a unha asistencia do 80%, será avaliado cos mesmos criterios que o alumnado matriculado a tempo parcial (en todo caso, e se for o caso, terase en conta o contexto que puidera estar provocado polas circunstancias sanitarias).

O alumnado que se acolla a tempo parcial/dispensa académica, terá que realizar un traballo de curso individual e a proba obxectiva, cualificados cun 40% e cun 60%, respectivamente. Para acollerse a esta modalidade é condición necesaria asistir a titorías (mínimo de dúas titorías) para facer un seguimento directo da elaboración do traballo de curso e dialogar sobre o tema escollido para o devandito traballo.

Na realización do devandito traballo (así como de calquera outro), o plaxio e a
utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da
internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o
permiso do seu autor/a, poderá ser considerada esta causa de
cualificación suspenso na devandita actividade. Todo iso sen prexuízo
das responsabilidades
disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente
procedemento.

Así mesmo, recoméndase ter presente unha
perspectiva de xénero na redacción do documento, non sendo aceptables
faltas ortográficas. Igualmente, evitarase a entrega do traballo en
formato papel, en favor do ecosistema, optándose polo formato dixital.

*No caso de que as condicións sanitarias impidan a presencialidade á hora de realizar as probas, estas realizaranse de maneira telamática (vía Teams, Forms e/ou Moodle).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes