Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Medio histórico e xeográfico de Galicia e a súa didáctica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A14 B5 B8 B9 B14 B15 B24 B25 C1 C8 Ao longo do curso realizaranse actividades e traballos que serán avaliados como grupo e individualmente. 40
Proba obxectiva A31 A32 B3 B13 Ao ser unha materia flexible que se vai construíndo segundo os centros de interese do alumnado guiado pola profesora, e de marcado carácter experimental, esta proba é un exercicio simple a modo de resumo individual do traballado durante o curso. 20
Saídas de campo A33 A34 A35 A37 B1 B4 C4 C7 A asistencia será obrigatoria e puntuará a participación activa, así como nas tarefas previas e posteriores ás mesmas. 40
 
Observacións avaliación

Na
avaliación terase en conta a asistencia e a participación activa, tanto nas
sesións expositivas como interactivas. Valoraranse os coñecementos adquiridos,
a comprensión e capacidade de síntese, a claridade expositiva oral e escrita e
a participación e cumprimento nas tarefas que se encomenden tanto individuais
como en grupo. A saída ao medio será obrigatoria.

Para
superar a materia os/as alumnos/as deberán superar cada unha das partes da
avaliación, sendo necesario asistir ao 80% das clases.

Terán
carácter de NON PRESENTADO aqueles/as alumno/as que non se presenten a algún
dos apartados da avaliación. 

O
alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia deberá realizar un traballo de curso individual e unha proba obxectiva, sendo calificada esta última cun 40% e o traballo de curso cun 60%. 

Nos
traballos a realizar, o plaxio e a utilización de material non orixinal,
incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa
procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada
causa de cualificación de suspenso na actividade incurrir en copia do traballo
de terceiros. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que
puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. Igualmente, será
imprescindíbel a corrección lingüística á hora de dar por superados os
devanditos traballos.

A
realización fraudulenta das probas ou actividades deavaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación desuspenso na convocatoria
en que se cometa: o/a estudante será cualificado con“suspenso” (nota numérica
0) na convocatoria correspondente do curso académico,tanto se a comisión da
falta se produce na primeira oportunidade como nasegunda. Para isto,
procederase a modificar a súa cualificación na acta deprimeira oportunidade, se
fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes