Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Medio histórico e xeográfico de Galicia e a súa didáctica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa B5 Ao longo do curso realizaranse actividades e traballos que serán avaliados como grupo e individualmente. 20
Proba obxectiva A31 A32 B3 B13 Ao ser unha materia flexible que se vai construíndo segundo os centros de interese do alumnado guiado pola profesora, e de marcado carácter experimental, esta proba é un exercicio simple a modo de resumo individual do traballado durante o curso. 10
Obradoiro A14 A16 A37 B3 B4 B5 B8 B9 B14 B15 B24 B25 C1 C8 O deseño, planificación e desenvolvemento dos obradoiros requiren unha participación activa do alumnado.
Valorarase a actitude, dedicación, implicación e creatividade.
40
Saídas de campo A33 A34 A35 B1 C4 C7 A asistencia será obrigatoria e puntuará a participación activa, así como nas tarefas previas e posteriores ás mesmas. 30
 
Observacións avaliación

Terase en conta a participación activa e dedicación, ademais da adquisición dos coñecementos propios da materia.

O
alumnado que non chegue a unha asistencia do 80%, será avaliado coas mesmas metodoloxías e criterios que o alumnado matriculado a tempo parcial

Ao tratarse dunha materia de marcado carácter práctico e vivencial non se aconsella ao alumnado con matrícula a tempo parcial. Así e todo, o alumnado que se acolla a tempo parcial, deberá realizar un traballo de curso individual e a proba obxectiva, sendo cualificados nun 50% cada unha destas metodoloxías. Para acollerse a esta modalidade, é condición necesaria asistir a titorías (mínimo 3) para facer un seguimento directo da construción do traballo de curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes