Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Didáctica da educación para a saúde
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Didáctica da educación para a saúde Código 652G02041
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Bugallo Rodríguez, Ánxela
Correo electrónico
anxela.bugallo@udc.es
Profesorado
Bugallo Rodríguez, Ánxela
Correo electrónico
anxela.bugallo@udc.es
Web
Descrición xeral Con esta materia preténdese abordar a estreita relación entre a saúde e o coñecemento científico, así como, desenvolver as competencias profesionais dos futuros docentes de Educación Primaria. Trátase de coñecer os contidos básicos de carácter científico sobre o corpo humano e sobre a saúde, identificando os factores que inflúen na súa mellora ou deterioro. Ademais, os coñecementos científicos achegaran argumentos para coñecer a responsabilidade individual e colectiva na adopción de hábitos de vida saudábeis, e para mellorar a toma de decisións sobre temas relativos ao noso corpo e ao medio no que nos desenvolvemos. Tamén se traballará no papel que debe xogar a escola no desenvolvemento deses hábitos saudábeis e na xeración de actitudes positivas cara a súa inclusión na Educación Primaria, valorando a importancia deste tema na formación integral dos escolares. Finalmente, pularase pola reflexión e o debate sobre as ideas, crenzas, hábitos e conductas relativas á saúde, tanto a nivel persoal como comunitario para, así, consolidar e comprender a base científica das máis saudábeis e rexeitar as que inflúen negativamente na saúde. Deseñaranse e desenvolveranse actividades basadas no traballo autónomo e en equipo, co obxectivo de potenciar os procesos de metacognición, a aprendizaxe entre iguais e o traballo cooperativo.
Plan de continxencia 1.Modificacións nos contidos Nengunha 2.Metodoloxías • Metodoloxías docentes que se manteñen Lecturas Lecturas obrigadas e/ou voluntarias de libros e artigos Traballos tutelados Metodoloxía que pretende promover a aprendizaxe autónoma dos estudiantes a nivel individual, baixo a tutela do docente. • Metodoloxías docentes que se modifican Modifícase a seguinte metodoloxía: Presentación oral Exposición oral dos traballos realizados colectivamente e presentados a través da plataforma Teams. Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe, orientados con soporte de tecnoloxías da información e da comunicación, baseados na organización en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado, para así optimizar a súa propia aprendizaxe e colaborar na do resto de membros do grupo. As tarefas resultantes entregaranse a través do Moodle . Elimínase a seguinte metodoloxía: Proba mixta Proba escrita que integra preguntas abertas de semidesenvolvemento sobre os contidos da materia. 3.Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ferramenta Temporalización TEAMS, MOODLE, EMAIL , QUICKMAIL Calquera desas ferramentas adaptándoas ás necesidades de orientación do alumnado. Durante todos os días laborábeis oriéntanse os traballos tutelados. Os días correspondentes a aulas e titorías desta materia realízanse reunións de seguimento e oriéntanse as actividades de aprendizaxe colaborativa, actividades prácticas e o calquera outra cuestión relativa á materia. 4. Modificacións na avaliación A avaliación da materia na 1ª e 2ª oportunidade rexirase pola seguinte addenda Metodoloxía Peso na cualificación Descrición Traballos tutelados 60% Valorarase a adquisición de habilidades e destrezas asociadas a este tipo de metodoloxía, que pretende promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes a nivel individual. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 50% da cualificación indicada Aprendizaxe colaborativa 30% Valorarase a participación nas tarefas realizadas na aula, ou a través de plataformas virtuais, e a elaboración de material que trate a análise e interpretación das situacións obxecto de estudo. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre chegar ao 50% da cualificación indicada e entregar as tarefas nas datas indicadas. Presentación oral 10% Valorarase a exposición oral (realizada presencial ou virtualmente), con axuda das TIC, dos traballos grupais realizados en aula o a través de Teams. Observacións de avaliación: 1. No apartado da avaliación correspondente á “Traballos tutelados” (60%) valorarase o traballo realizado e entregado a través de Moodle (ou doutros sistemas adaptados ás circunstancias do alumnado) 2. No apartado da avaliación correspondente á “Presentación oral” (10%) valoraranse exclusivamente as exposicións realizadas dos traballos na aula, ou virtualmete, e presentados a través dos soportes tecnolóxicos precisos. 3. No apartado da avaliación correspondente á “Aprendizaxe colaborativa” (30%) valoraranse os traballos realizados en grupo e entregados a través do Moodle (ou noutros sistemas adaptados ás circunstancias do alumnado), na súa tarefa e data correspondente.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes