Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Valores e educación para a igualdade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A7 A15 A23 B4 B5 B12 B14 B15 B16 B17 B23 C6 Basease na utilización de documentos e fontes relevantes para a súa análise e posterior utilización para explicar a natureza dos distintos contidos e aspectos da materia. 10
Traballos tutelados A12 A13 A15 A17 A19 A34 B4 B12 B15 B17 B22 B23 B24 Trátase de facer un traballo de iniciación á investigación. Esixe por parte do alumnado un grao de responsabilidade consonte cos obxectivos e a calidade que debe presidir este tipo de traballo. No seu momento facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesmo, que se complementará cun seguimento titorial individualizado. 30
Lecturas A13 A15 A19 A22 A35 B3 B4 B12 B15 B18 B19 B23 C4 Establécense unha serie de lecturas obrigatorias dun conxunto de textos e documentación relacionadas coa materia que o alumnado terá que ler, discutir en grupo e finalmente recensionar de xeito persoal axustándose a un formato coñecido previamente consensuado. 20
Sesión maxistral A14 A15 A17 A20 A22 A23 A34 A35 B1 B3 B6 B8 B25 C7 Exposición oral dos temas que constituen os contidos da materia diante do alumnado. Esta exposición irá precedida dunha presentación na que se propoñen algunhas preguntas aos estudiantes para motivar a reflexión e o diálogo aberto. A obxectivo final pasa pola transmisión de coñecementos e ao tempo facilitar a súa aprendizaxe.
10
Recensión bilbiográfica A7 A11 A23 A40 B3 B4 B8 B12 B14 B15 B16 B17 B21 B22 B25 C6 Proceso de lectura crítica dun libro, artículo ou calquera outro documento escrito. Comprende ademais da lectura da obra en cuestión, a análise do seu contido, unha crítica e mesmo unha valoración en relación con outros documentos de igual ou parecida natureza. 20
Presentación oral B3 B4 B5 B8 B14 B16 B22 B23 B24 C6 Exposicións de traballos realizados, inidividuais ou colectivos, diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática investigada, documento ou experiencia abordada. 10
 
Observacións avaliación

 -A asistencia as sesións de clase é obrigada e será obxecto de avaliación e control. A presencialidade ben determinada por unha asistencia mínima do 80% do total das sesións.

-Gardaranse as partes superadas da materia de unha convocatoria a outra dentro do mesmo curso académico

-É obrigatorio pasar pola titoría mentres se estea no proceso de elaboración dos traballos tutelados.

-Calquera circunstancia persoal que poida alteirar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada de inmediato para a súa oportuna e axeitada consideración e mesmo para tomar as medidas a que houbera lugar en cada caso.

-Para aqueles alumnos/as que como casos excepcionais non poidan asistir regularmente ás sesións de clase, ademais dos traballos que en cada caso particular se especifiquen, establecerase unha proba de ensaio con carácter obrigatorio o final do cuatrimestre na data sinalada oficialmente. Esta proba terá un valor do 50% do total da nota final.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes