Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Valores e educación para a igualdade
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

-Non se admitirán traballos dos que o profesor  non teña constancia da sua realización.

-As datas de entrega dos traballos son inamovibles, agás casos excepcionais.

-Para poder ser calificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado todolos traballos esixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará como NON PRESENTADO/A.

-Os traballos escritos presentaránse a dobre cara, sen grapas e ben identificados (nome do alumno/alumna, curso, grupo, materia e nome do profesor/profesora, e sempre que conteñan referencias bibliográficas é imprescindible seguir as normas da APA que se poden encontrar aloxadas, entre outras, na seguinte dirección web: http://www.capitalemocional.com/apa.htm

-Non se recollerán traballos encadernados, con fundas de plástico, anillas ou deseños similares. É aconsellable facer copia do orixinal que se entregue e enviar por email unha copia ao profesor da materia.

-Débese facer un uso sostible dos recursos así como da prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

-Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, incorporarase a perspectiva feminista nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizaranse referencis bibliográficas de ambos sexos -citación xusta-, propiciarase a intervención na aula de alumnas e alumnos...)

-Traballarase para identificar e modificar prexuicios e actitudes sexistas, e tentarase influir na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

-Facilitarase a plena integración do alumnado por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, que experimenten dificultades a un acceso axeitado , igualitario e proveitoso á vida universitaria. Agradécese que calquera nedecesidade de proposta de mellora sexa comunicada.

-A proba de ensaio realizarase seguindo o calendario oficial. Aínda que se facilitará a súa realización do modo que se explicitará no seu momento na clase

-O horario de titorías está exposto na web da Facultade e na porta do despacho P0B5.

- Titorías: no caso de non ter docencias os Martes (16-19 h.) no despacho P0B5 (Telf. 981.167100, Ext. 4664). 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes