Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Subjects
  Religion, Culture and Values
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Collaborative learning A23 B19 B20 B22 B23 B24 C4 C7 Nas sesións interactivas, os alumnos, distribuídos en grupos de 5 a 9 integrantes, traballan colaborativamente sobre a resolución de exercicios prácticos, presentados polo profesor. Estes exercicios prácticos desenvolven os contidos procedimentais que complementan os contidos conceptuais das sesións maxistrais. Esta é a primeira forma de avaliación. A media ponderada da nota de tódolos exercicios prácticos representa a primeira forma de cualificación. 33
Supervised projects A23 B19 B20 B22 B23 B24 C4 C7 Os alumnos, que desexen avaliarse por este medio, poderán optar por unha das seguintes modalidades de traballo: recensionar unha monografía, estudar unha característica dunha relixión, desenvolver unha proposta didáctica. A nota do traballo representa a segunda forma de avaliación. 33
Objective test A15 A36 A37 A40 B6 B18 B21 B25 Os alumnos, que non teñan participado nos exercicios de aprendizaxe colaborativa nin realicen o traballo tutelado, deberán presentarse a esta proba final de avaliación. Consistirá en 20 preguntas de resposta breve, que recollen tódolos bloques de contidos da materia. A nota do exame representa a terceira forma da avaliación. 34
 
Assessment comments

Pódese concorrer a unha ou varias modalidades de avaliación.
A modalidade de traballo tutelado é a máis aconsellable para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.
A nota final da materia será a máis alta das modalidades escollidas.

A realización fraudulenta das
probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará
directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa. O
estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes