Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Teoría da educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A3 A7 A9 A11 B4 C1 Prácticas encargadas e/ou desenvolvidas nas sesións interactivas 20
Recensión bilbiográfica A1 A2 A3 A13 B1 B2 C6 C1 Dun libro a escoller entre os propostos. Avaliarase a calidade da análise dos contidos e o aproveitamento das lecturas realizadas na materia. 20
Presentación oral A3 A4 A5 A16 B2 B3 C1 C6 Do libro elixido entre os 3 obligatorios para debatir na aula (individual) e das prácticas de aula (grupais).
Terase en conta a claridade na exposición, a profundidade dos contidos e o manexo do tempo de exposición.

5
Sesión maxistral A1 A2 A5 A11 A16 B2 C4 Asistencia e participación nas propostas de aula 5
Proba de ensaio A1 A2 B1 C4 C1 Exercicio escrito individual no que se ten que demostrar o dominio dos contidos básicos da materia. 50
 
Observacións avaliación

Os contidos da materia e todas as
actividades a desenvolver no marco do programa da materia realizaranse
na lingua galega; e tratándose dun contexto de aprendizaxe como é o da
Teoría da educación, terase en conta a boa disposición do alumnado á
hora de empregar este idioma, co debido respecto e atención, no
desenvolvemento das diferentes actividades de clase, ben sexa de xeito
oral ou escrito.

As persoas que asisten asiduamente (80-100% de asistencia) serán avaliadas polos:

1. Traballos realizados nas sesións de aula así como os propostos para realizar de forma individual ou en grupo nes sesións interactivas.
2. Exposición dos traballos de grupo e participación nos debates correspondentes ás sesións interactivas.
4. Recensión dun libro cuxa proposta darase a coñecer na sesión de presentación da materia.
4. Exercicio escrito sobre os contidos da materia.

As personas que non asistan de forma continuada a clase (menos do 80% de asistencia) deben solicitar con antelación no Decanato para superar a materia a través dos seguintes traballos: 

1. Recensións de 2 dos 3 libros indicados. O traballo de recensión debe contar cunha breve referencia ás autor/as, a síntese das ideas principales de cada capítulo, a conclusión no que se relación os obxectivos do libro coas aportacións finais, e un comentario-crítico (persoal) do texto leído.
2. Analizar a influencia das distintas corrientes educativas traballadas na aula na película "Hoy empieza todo" (que pode visionar na biblioteca da Facultade)
3. Exame final con material
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes