Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Teoría da educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A3 A7 A9 A11 B4 C1 Prácticas encargadas e/ou desenvolvidas nas sesións interactivas 40
Recensión bilbiográfica A1 A2 A3 A13 B2 C1 C6 Dun libro a escoller entre os propostos. Avaliarase a calidade da análise dos contidos e o aproveitamento das lecturas realizadas na materia. 10
Presentación oral A3 A4 A5 A16 B2 B3 C1 C6 Das prácticas de aula (grupais). Terase en conta a claridade na exposición, a profundidade dos contidos e o manexo do tempo de exposición.

10
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A7 Asistencia e participación nas propostas de aula 10
Proba de ensaio A1 A2 C1 C4 Exercicio escrito individual no que se ten que demostrar o dominio dos contidos básicos da materia. 30
 
Observacións avaliación

Os contidos e todas as
actividades a desenvolver no marco do programa da materia realizaranse
na lingua galega; e tratándose dun contexto de aprendizaxe como é o da
Teoría da educación, terase en conta a boa disposición do alumnado á
hora de empregar este idioma, co debido respecto e atención, no
desenvolvemento das diferentes actividades de clase, ben sexa de xeito
oral ou escrito.

As persoas que asisten asiduamente (80-100% de asistencia) serán avaliadas polos:

1. Traballos realizados nas sesións de aula así como os propostos para realizar de forma individual ou en grupo nes sesións interactivas.
2. Exposición dos traballos de grupo e participación nos debates correspondentes ás sesións interactivas.
4. Defensa dun libro e traballo individual de síntese dos outros recomendados, cuxa proposta darase a coñecer na sesión de presentación da materia. As persoas que non participan nas presentacións entregan a recensión de 2 libros.
4. Exercicio escrito sobre os contidos da materia (Grupo A) ou traballo turelado (Grupo B).

As personas que non acadan o 80% da asistencia deben solicitar con antelación no Decanato a dispensa para superar a materia a través dos seguintes traballos: 

1. Recensións de 2 dos 3 libros indicados. O traballo de recensión debe contar con: 1. breve referencia ás autor/as, 2. a síntese das ideas principales de cada capítulo, 3. a conclusión no que se relación os obxectivos do libro coas aportacións finais, e 4. un comentario-crítico (persoal) do texto leído.
2. Analizar a influencia de TODAS as corrientes educativas traballadas na aula na película "Hoy empieza todo"
3. Exame final (con material no grupo B).

O alumnado que teña que ser avaliado na segunda oportunidade de xullo terá que repetir os traballos non superados positivamente ou non presentados, así como presentarse ao examen si é o caso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes