Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Deseño e desenvolvemento da acción socioeducativa
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Presentación comprensiva de documentos multitextuais e análise e reflexión sobre o seu contido en relación con procesos participativos e propostas, perspectivas, experiencias e proxectos estudados.
Aprendizaxe colaborativa Traballo en equipos para contrastar puntos de vista sobre a información extraída dos documentos, realización de resumos analíticos e aplicación a estudos de caso e resolución de problemas.
Estudo de casos Selección de casos (experiencias, proxectos, etc) para analizar e reflexionar sobre a súa vinculación cos contidos da materia.

Presentación de casos e/ou experiencias participativas na Galicia formando parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social". Con unha finalidade dupla:
Visibilizar referentes profesionais que utilizan o galego como lingua de traballo.
Achegar praxes profesionais vencelladas á paricipación de diferentes colectivos na Galicia
Discusión dirixida Posta en común do traballo de análise e reflexión realizado polos equipos sobre os documentos multitextuais e os casos estudados formulando argumentos con diferentes perspectivas tendo en conta a diversas propostas estudadas na materia.
Traballos tutelados Traballo en equipo que implica a realización de traballo de campo en escenarios socioeducativos, aplicando a metodoloxia de estudo de caso. Esixe asistencia obrigatoria ás titorías planificadas para guíar o proceso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes