Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Deseño e desenvolvemento da acción socioeducativa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A9 A10 A11 A13 A20 B1 B2 B5 C1 C4 Traballo en equipo: análise de estudos de caso, realización de microinvestigación con traballo de campo. Por exemplo, Fotovoz.
Criterios de cualificación do análise dos estudos de caso:
- Informe: adecuación aos requisitos de estrutura e contido, e elaboración da información.
- Apéndices: organización e análise de datos (fotos, resúmos, etc.).
- Traballo de campo (cantidade e pertinencia da recollida de datos, número de compoñentes do equipo, complexidade/diversidade dos datos).

45
Análise de fontes documentais A1 A2 A9 A10 A11 B1 Proba mixa que permite examinar ideas procedentes das fontes documentais, establecer conexións entre contidos, dar razóns e argumentar e deseñar unha acción socioeducativa a partir dun caso.

Criterios de avaliación:
- Definición de conceptos: mencionando/recoñecendo aspectos claves.
- Explicación de conceptos: presentación razonada das características ou implicacións relacionadas cos conceptos ou identificación de explicacións axeitadas
- Relación fundamentada entre contidos de propostas ou proxectos diferentes ofrecendo/recoñecendo información sobre as razóns dos vínculos.
- Acción socioeducativa coherente co caso e con as decisións metodolóxicas.
45
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A6 A9 A10 A11 A13 C1 Cartafol do grupo (10%)
Criterios de avaliación do cartafol:
- análise da información
- presentación da información
- número de tarefas de clase incluidas
10
 
Observacións avaliación

Cualificación final 

Tanto o exame como o traballo colaborativo teñen que ser avaliados con nota mínima de 5 para poder considerarse aptos. Cando algunha das actividades de avaliación non acade a cualificación de aprobado e a suma dos poncentaxes sexa de 5 o superior a 5 a cualificación que figurará nas actas será a obtida na actividade suspensa.

Integridade académica:

Os contidos incluidos nos traballo deben estar
apropiadamente referenciados ao longo do texto e no apartado de
referencias usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse
usando as normas APA 6ª edición. No parafraseo deben figurar as fontes
orixe das ideas que se reelaboran. A presenza de fontes no traballo é un signo de credibilidade que é requisito imprescindible para
demostrar excelencia académica.

Recoméndase consultar:

www.suagm.edu/umet/biblioteca/pdf/GuiaRevMarzo2012APA6taEd.pdf

http://www.ugr.es/~plagio_hum/0401Prevencion.htm

Política antiplaxio:

As citas e referencias a calquera tipo de texto deben
declararse. O uso de texto literal ou ideas de outros autores ou autoras
parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en
aplicación do artígo 14.4 da normativa académica de avaliacións,
cualificacións e reclamacións, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de
decembro de 2013, na que se indica que “na realización de traballos, o plaxio e
a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de
internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso
do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade".

Debe consultarse:

http://www.ugr.es/~plagio_hum/

http://blogbibliotecas.mecd.gob.es/2015/01/22/plagio-academico

Prazo de Admisión de propostas para o traballo tutelado:

Non serán admitidas propostas para o traballo tutelado unha vez rematado o prazo de admisión fixado na documentación complementaria que será entregará na clase.

Composición dos grupos e traballo:

Nas tarefas en grupo, incluído o traballo tutelado, a avaliación de cada membro variará en función da asistencia a clase, as sesións obrigatorias de seguimento e en función da implicación no proceso. Ao longo da realización do traballo e nas diversas convocatorias de avaliación ponde darse variacións na composición dos grupos e no número de compoñentes se, a criterio da profesora, así se asegura a elaboración apropiada do mesmo. 

Asistencia:

Cunha asistencia inferior o 80% das clases presenciais non contará a nota da aprendizaxe colaborativa. 

É obrigatoria a asistencia do alumnado ao 80% das sesións. 

Se realiza o exame sen superar o requisito de asistencia, a cualificación final del alumnado será de 50% para o exame e 50% para o traballo tutelado. Nestos casos o alumnado ten que falar co profesorado sobre as condicións de realización do traballo.

Dispensa académica de exención de asistencia:

Aqueles e aquelas estudantes que teñan recoñecida a dispensa académica de exención, mediante solicitude previa na Administración do centro, de asistencia serán avaliados a través de traballo e exame individual, igual que aqueles que non cumpran a asistencia do 80% das clases. A nota final será de 50% para o exame e 50% para o traballo tutelado. Será necesario unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia. Nestos casos o alumnado ten que falar coa profesorado sobre as condicións de realización do traballo.

Condición de NON PRESENTADO

A condición de  NON PRESENTADO só será acadada cando non realice ninguna das actividades de avaliación, é dicir nin o dossier, nin a proba de exame nin o traballo tutelado. A realización dalgunha das actividades de avaliación obriga recibir a correspondente cualificación.

Linguaxe non discriminatorio e inclusivo, transversalidade de xénero e interculturalidade::

É obrigatorio o uso dunha linguaxe correto, respectuoso e inclusivo que visibilice o feminino, evitando termos discriminatorios relativos a xénero, a etnia, a procedencia social, a diversidade funcional, a orientación sexual, etc. O non cumplimento deste requisito en todos os traballos da materia acarreará consecuencias negativas na nota de ata un punto menos.

Segunda convocatoria

Seguirase os criterios definidos para a primeira convocatoria.

Citas e referencias

Usarase unha adaptación do modelo de citas APA para cumprir co ODS 5, Igualdade das mulleres, e facer visible a figura das mulleres e facilitar o análise da paridad das bibliografías. Deberán usarse referencias que aseguren ou estean próximas a paridade na realización dos traballos da materia. O incumplemento acarreará ata un punto de penalización.

Pode consultarse a seguinte ligazón para ver exemplos de citación

https://biblioteca.uoc.edu/es/pagina/Estilo-APA/

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes