Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Deseño e desenvolvemento da acción socioeducativa
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Teoría da educación/652G03001

Materias que continúan o temario

Observacións
Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente
 A entrega dos traballos documentais  será en formato virtual e / ou soporte informático. No caso de ter que imprimir algo en papel, por exemplo, carteis, dípticos, etc.; a impresión farase en papel reciclado e a dobre cara. Non se imprimirán borradores, só a versión final. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.Fomentarase que os materiais que se desfeiten da materia (papeis, plásticos) se tiren nos respectivos contenedores habilitados para tal fin. Os materiais empregados para a realización das experiencias deben ser na medida do posible materiais reutilizados, realizando campañas no centro para a súa recollida no caso de ser necesario. Intentarase transmitir aos/as estudantes a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade para que estos os apliquen non so na aula, senón nos comportamentos persoais e profesionais

Facer un uso sostible dos recursos e da prevención de impactos negativos sobre o medio natural no relativo a realización dos traballos da materia.

Ter en conta os principios éticos relacionados coa sostenibilidade nos comportamentos personais e profesionais.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores e autoras, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas, analizase os textos tendo en conta estereotipos e nesgos).

Será obrigatorio a utilización dunha linguaxe inclusivo e do tratamento da perspectiva de xénero nos traballos da materia. De non ter sido considerados podería penalizarse a nota final con un punto menos por cada aspecto.

Traballárase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades o acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

A integridade académica terá que estar presente nos traballos realizados no senso de referenciar axeitadamente as fontes orixinais e usar os modos de citación axeitados para honrar as autoras e autores das ideas utilizados nos mesmos. Non cumprir con este requisito carrexará consecuencias negativas na calificación final en función do alcance da falta cometida.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes