Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Psicoloxía social
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Investigación (Proxecto de investigación) Dado que o alumno debe elaborar un traballo extenso, incorporase unha metodoloxía de traballo na elaboración de proxectos de investigación, imprescindible como formato de presentación do mismo. Dito traballo pode realizarse en grupos de 2 persoas, ou de manera individual. O tema será aprobado previamente polo profesor. A través deste traballo o alumno aprenderá os rudimentos básicos da investigación e se aproximará a cómo a investigación serve para xerar coñecemento
Aprendizaxe colaborativa O alumno poderá traballar en grupo xunto con outro alumno se o desea (se ben se recomenda) para o desenvolvemento en profundidade dun dos temas do programa. Se trata dun traballo conxunto de revisión e/ou análise de fontes.
Esquemas Algunhas das exposicións de sesións maxistrais do profesor esixirán que o alumno desenvolva temas específicos, se ben de maneira breve e no plazo máximo de 2 semanas dende a exposición na aula. É un breve traballo de revisión sobre un tópico que se entregaría mediante a plataforma moodle.
Análise de fontes documentais Para a elaboración dos traballos citados o alumno debe consultar fontes documentais propias da Psicoloxía Social. É importante que o alumno adquira a capacidade de buscar información e saiba empregar os recursos á súa disposición na universidade, de xeito que mediante esta actividade se fomentan estas capacidades.
Proba obxectiva Unha das partes integrantes do proceso de aprendizaxe desta asignatura consiste en obtar información exacta e obxectiva sobre os contidos da mesma. Para iso, o alumno debe realizar unha proba obxectiva de coñecementos de preguntas tipo test. As preguntas extraeranse dos apuntes do profesor, así como de algúns manuaies específicos que se concretarán na aula nas clases expositivas. Trátase dunha proba tipo test con 30 preguntas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes