Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Psicoloxía social
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A2 A11 C6 C7 Exame tipo test de 30 preguntas. 4 opcións en cada unha, cunha resposta correcta. Os errores non descontan, pero a superación do examen requerirá a resposta acertada a dous tercios das preguntas. 50
Investigación (Proxecto de investigación) A2 A5 A6 A9 A11 A12 A13 A14 A20 B1 B5 B6 C4 C6 C7 A nota global de cada proxecto de investigación comprende a labor de analizar a información, búsqueda bibliográfica, etc. O/A alumno/a recollerá información, aprenderá a elaborar, evaluar los datos recollidos, e elaborará un informe que relacione investigacións previas cos datos recollidos por el/a mesmo/a. 50
 
Observacións avaliación

Tendo en conta o carácter "English friendly" desta materia, para aqueles alumnos que o soliciten, o exame poderá realizarse en inglés. Do mesmo xeito, o proxecto de investigación pode estar escrito en inglés.

O proxecto de investigación componse de varias tarefas: a) revisión da literatura científica sobre o tema elixido; b) formulación de preguntas de investigación; c) descrición dos obxectivos da investigación; d) descrición da metodoloxía que se vai empregar; e) presentación dos resultados; f) discusión dos resultados á luz da literatura tratada no primeiro apartado e dos obxectivos marcados; e g) conclusión.

É necesario superar o exame tipo test cun 65% de acertos para superar a asignatura, considerando que os erros non descontan.

A avaliación da segunda oportunidade conlevará a obriga de cumprimentar cós mesmos requerimentos de avaliación que para a primeira avaliación.

Os/as estudiantes con adicación a tempo parcial, ou que teñan algún tipo de exención ou dispensa académica, solicitarán unha titoría individual na que se adoptará unha decisión adaptada e razoada de acordo coa situación particular de que se trate.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes