Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Socioloxía
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Socioloxía Código 652G03005
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Rodríguez Rodríguez, María del Carmen
Correo electrónico
carmen.rodriguez2@udc.es
Profesorado
Rodríguez Rodríguez, María del Carmen
Correo electrónico
carmen.rodriguez2@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ten como finalidade promover unha comprensión reflexiva e crítica da sociedade da que o educador social forma parte, intentando ampliar a súa visión sobre os distintos contextos e variados ámbitos nos que desempeña o seu labor profesional. Para iso, esta asignatura trata de subliñar a importancia de fomentar a reflexividade e o pensamento crítico, de proporcionar as bases teóricas e conceptuais fundamentais e as ferramentas metodolóxicas coas que facer investigación social e de profundar nas interrelacións existentes na realidade social. Supón un achegamento ao coñecemento científico das sociedades para procurar explicar o mundo no que vivimos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non hai modificaciós. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen. Todas aquelas que poidan ofrecerse a través de forma non presencial (as sesións maxistrais, lecturas, traballos tutelados). *Metodoloxías docentes que se modifican As presentacións orais poden celebrarse vía Teams, como tamén os seminarios. A proba de ensaio (parte teórica) terá lugar de forma online. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado A través do correo, Moodle ou Teams no horario especificado pola profesora. 4. Modificacións na avaliación A proba de ensaio individual (da parte teórica) e a presentación oral terán lugar de forma online. No caso de ter que presentarse a recuperación da parte prática, terán que resolver tarefas prácticas con reflexión persoal (de forma asíncrona a través de Moodle). *Observacións de avaliación: A aqueles/as alumnos/as con problemas de conectividade daráselles a posibilidade de facer un exame oral individual. Farase unha adaptación os/as alumnos/as con diversidade funcional e o exame individual manuscrito sustituirase por un exame tipo test cando o requiran estes casos. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes