Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Socioloxía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral É o método tradicional da docencia no que tanto a iniciativa como o peso principal da actividade recaen sobre o profesor/a. A clase expositiva irá complementada con aulas interactivas con actividades e métodos que permitan un rol máis activo dos estudantes. Neste tipo de aulas intentarase promover a participación que nos permita un mínimo feed-back do nivel de comprensión e de asimilación en cada tema e desenvolver en cada sesión auténticos debates sobre temas actuais e concretos relacionados coas cuestións teóricas tratados. A participación do alumnado neste tipo de aulas é moi importante e moi valorado.
A parte expositiva é unha fonte máis de información, quizáis a principal para o alumnado, polo que debe ter a súa incidencia na formación e aprendizaxe. De aí tamén que compute na avaliación, a traveso do seguimento e interese por parte do alumnado.
Lecturas Haberá lecturas obrigatorias e que deberán integrarse nos traballos de carácter práctico. Polo cal tamén puntúan e contan na avaliación da materia.
Nalgúns temas do programa o profesor/a poderá proporcionar unha serie de lecturas complementarias e de apoio aos aspectos teóricos desenvolvidos nas sesións maxistrais.
Tamén, as lecturas tratan de evitar a copia automática de apuntamentos durante as clases maxistrais, motivando entre o alumnado a atención durante as explicacións.
Ademais, nalgunhas sesións prácticas poderánse empregar, a discreción do profesor/a, así como outras forntes de información (documentais, películas, etc.) para dinamizar debates e para saber interpretar resultados cuantitativos e cualitativos.
Traballos tutelados Hai dous tipos de traballos tutelados: as prácticas plantexadas en clase sobre o exposto (de forma individual ou grupal) e un traballo de maior extensión sobre unha cuestión sociolóxica (e a súa exposición oral). Este traballo é para relacionar os coñecementos teóricos adquiridos, os argumentos dos manuais e os textos de referencia, cos casos prácticos e co coñecemento das fontes de información relacionadas coa materia. Debe estar relacionado preferiblemente con algún tema visto na materia e enfocado desde unha perspectiva sociolóxica. Tamén debe presentarse nun formato científico, tanto no que se refire a forma e tamaño, como en canto á estrutura do texto, a presentación, referencias bibliográficas, etc.
As instrucións máis polo miúdo serán proporcionadas polo profesor/a durante o curso.
Discusión dirixida Tralas sesións expositivas ou maxistrais, haberá debates sobre o exposto. Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado.
Estos debates tamén son fonte de información.
Asemesmo, a participación e o interese nos mesmos terase en conta de cara a avaliación da materia.
Análise de fontes documentais Ademáis das lecturas obrigatorias e as recomendadas, para os traballos prácticos e final haberá que consultar outras fontes de información e documentais, para formar así a base máis científica dos mesmos.
Presentación oral O traballo final sobre un tema sociolóxico será exposto en clase a final de curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes