Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Socioloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A2 A3 A4 A5 A8 B1 B5 B6 C1 Exame escrito con preguntas breves e de desenvolvemento sobre a materia da asignatura.
Nel valorarase:
-O manexo de conceptos e teorías.
-A comprensión da materia da asignatura.
-A coherencia do discurso.
-A correcta expresión escrita.
40
Traballos tutelados A1 A2 A3 A8 A10 A11 A13 A20 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 C8 Considérase traballos tutelados tanto as prácticas realizadas en clase como o traballo en grupo sobre un tema da materia que deberá ser analizado desde unha perspectiva sociolóxica (o 40% da nota depende das prácticas, asistencia e participación e, o 15% restante, do traballo grupal obrigatorio).
En todos estes traballos valorarase:
-A comprensión e manexo dos conceptos, textos e a teoría sociolóxica.
-O uso de fontes e de ferramentas apropiadas para a investigación social.
-O pensamento crítico, reflexivo e relacional.
-A orixinalidade.
-A correcta expresión escrita.
-A capacidade de traballo en grupo (cando sexa o caso).
55
Presentación oral B1 B6 C1 C7 A presentación oral sobre o traballo grupal é obligatoria.
Nela valorarase:
-O dominio e comprensión do tema.
-A capacidade de síntese.
-A correcta expresión oral.
-A creatividade.
-O traballo en grupo.
5
 
Observacións avaliación
Avaliación continua.
A parte práctica (o conxunto de prácticas e actividades de clase, o traballo grupal, a exposición, a asistencia e a participación) suporá o 60% da cualificación, o exame final o 40%. Desta forma valórase e compénsase todo o traballo realizado.
As prácticas que se realizarán ao longo do cuatrimestre terán un contido variado.
O exame final terá lugar nas datas oficiais marcadas pola UDC.
Para aprobar a asignatura é necesario aprobar tanto a parte práctica como o exame.
Avaliación non continua.
Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica (os que non se acollan á avaliación continua presencial de forma xustificada), deberán poñerse en contacto coa profesora ao comezo do curso e terán que asistir a unha tutoría para concretar as metodoloxías de avaliación.
A súa avaliación basearase nun traballo sobre un libro (30% da nota), un traballo sobre unha película (30% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (40% da nota).
Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados (sobre o libro e a película) como o exame.
Segunda oportunidade.
A aqueles que teñan aprobada a parte práctica da asignatura pero non se presenten ou suspendan o exame da primeira convocatoria gardaránselles as notas da parte práctica pero terán que presentarse a un exame nas datas oficiais marcadas pola UDC (en segunda oportunidade).
Aqueles que teñan que recuperar a parte práctica por suspendela, deberán facer o mesmo exame que os seus compañeiros que a teñan superada e ademais responder a unha ou varias cuestións para recuperar a parte práctica.
Para aprobar a asignatura é necesario aprobar tanto a parte práctica como o exame.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes