Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Socioloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A2 A4 B1 B6 C1 C7 As lecturas obrigatorias e recomendadas deberán ter reflexo nos contidos dos traballos 15
Traballos tutelados A1 A2 A3 A8 A10 A11 A13 A20 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 C8 Considérase traballos tutelados tanto as prácticas realizadas en clase como o traballo sobre un tema da materia que deberá ser analizado desde unha perspectiva sociolóxica.
En todos estes traballos valorarase:
-A comprensión e manexo dos conceptos, textos e a teoría sociolóxica.
-O uso de fontes e de ferramentas apropiadas para a investigación social.
-O pensamento crítico, reflexivo e relacional.
-A orixinalidade.
-A correcta expresión escrita.
-A capacidade de traballo en grupo (cando sexa o caso).
40
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A8 A13 A20 B5 B6 C1 C4 C7 C8 Valorarase a asistencia, interese mostrado e a participación; así como a repercusión dos contidos expostos nos traballos a realizar ao longo do curso. 20
Análise de fontes documentais A1 A2 A5 A10 A11 A13 A20 B1 B3 B5 B6 C1 C6 C8 Nos traballos a realizar, terase en conta a consulta, uso, recurso e reflexo das fontes de información consultadas. 10
Presentación oral B1 B6 C1 C7 Na presentación oral do traballo final valorarase:
-O dominio e comprensión do tema.
-A capacidade de síntese.
-A correcta expresión oral.
-A creatividade.
-A calidade do traballo
5
Discusión dirixida A1 A2 A3 A4 A5 A8 A10 A11 A20 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 Os debates sobre os temas da materia pretenden ser enriquecedores e iso depende en gran medida das contribucións por parte do alumnado, as cales son tidas en conta para a avaliación. 10
 
Observacións avaliación
Avaliación continua.
A parte práctica que se realizará ao longo do cuatrimestre terá un contido variado e suporá o 70% da cualificación: o conxunto de prácticas e actividades de clase, o traballo final, a exposición, a asistencia e a participación. 
Ademáis, o aproveitamento das clases maxistrais, as lecturas e consultas de fontes documentais, que se vexan reflexadas nos debates e traballos, terán unha repercusión na nota final de ata un 30%.
Desta forma valórase todo o traballo realizado ao longo do curso.
Para aprobar a materia, haberá que facer y entregar un mínimo do 75% dos traballos prácticos, así como acreditar a metade das lecturas obrigatorias.


Avaliación non continua.
O alumnado que se acolla ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica (os que non se acollan á avaliación continua presencial de forma xustificada), deberán poñerse en contacto co profesor ao comezo do curso e terán que concretar as metodoloxías de avaliación.

Segunda oportunidade.
A aqueles/as que suspendan na primeira convocatoria terán que presentarse a un exame nas datas oficiais marcadas pola UDC (en segunda oportunidade).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes