Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Socioloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A2 A4 B1 B6 C1 C7 As lecturas obrigatorias e recomendadas deberán quedar reflectidas nos contidos das tarefas, traballos, intervencións e demais áreas de competencia da materia.
O profesor tamén pode establecer probas, por exemplo tipo exame, se o considera necesario.
15
Traballos tutelados A1 A2 A3 A8 A10 A11 A13 A20 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 C8 As tarefas e traballos prácticos realizados na clase considéranse traballos tutelados.
En todos eles valorarase:
-Comprensión e manexo de conceptos, textos e teoría sociolóxica.
-Utilización de fontes e ferramentas adecuadas para a investigación social.
-Pensamento crítico, reflexivo e relacional.
-A orixinalidade.
-A correcta expresión escrita.
-Capacidade para traballar en grupo (se é o caso).
O profesor tamén pode establecer probas, por exemplo tipo exame, se o considera necesario.
20
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A8 A13 A20 B5 B6 C1 C4 C7 C8 Valorarase a asistencia, o interese mostrado e a participación; así como a repercusión dos contidos expostos nos traballos a realizar ao longo do curso. Para iso, o profesor debe contar con referencias explícitas suficientes ao respecto, podendo recorrer tamén a outras formas de verificación, como probas escritas, por exemplo, un exame. 20
Análise de fontes documentais A1 A2 A5 A10 A11 A13 A20 B1 B3 B5 B6 C1 C6 C8 Nos traballos a realizar, terase en conta a consulta, uso, recurso e reflexo das fontes de información consultadas.
O profesor tamén poderá poñer algunha proba, por exemplo tipo examen, se así o estima.
10
Proba obxectiva B6 B1 C1 C7 Na proba obxetiva se valorará:
-O domiño e comprensión do contido.
-A capacidade de síntese.
-A corrección do exposto e da súa expresión.
-A aplicabilidade do explicitado.
-A calidade do traballo.
25
Discusión dirixida A1 A2 A3 A4 A5 A8 A10 A11 A20 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 Os debates sobre os temas da materia pretenden ser enriquecedores e iso depende en gran medida das contribucións por parte do alumnado, as cales son tidas en conta para a avaliación. 10
 
Observacións avaliación
Avaliación continua.

Consta dunha parte teórica, correspondente á aplicación dos contidos das clases maxistrais, das lecturas e das consultas de fontes documentais, que se reflicten ou non nas probas e traballos correspondentes.

Máis a parte práctica, correspondente ao conxunto de actividades nas clases, traballo, interese, asistencia e participación.

Deste xeito, valórase todo o feito polo alumno ao longo do curso.

Para superar a materia será necesario asistir ao 80% das clases, así como realizar e entregar os traballos prácticos, probas e acreditar as lecturas obrigatorias, a utilización de contidos das clases maxistrais e fontes documentais.

Avaliación discontinua.

O alumnado que teña recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou exención académica (aqueles que non teñan avaliación presencial continua xustificada), salvo no que se refire á asistencia e participación, terá un criterio de avaliación similar ao continuo, fundamentalmente a través dos traballos, tarefas e lecturas tuteladas, para as que deberán manter un contacto informativo suficiente e necesario, directo ou virtual, co profesor.

Segunda oportunidade.

Os que suspensen a primeira convocatoria, tanto na modalidade de avaliación continua como descontinua, terán que presentarse ao exame nas datas oficiais fixadas para a segunda oportunidade.

Plaxio.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. Nas actas figurará un non presentado nesta oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes