Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Pedagoxía social
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Desenvolvemento dunha actividade de indagación sobre coñecementos previos do alumnado, preferiblemente en pequeno grupo
Aprendizaxe colaborativa Actividades propostas para que o alumnado en pequeno grupo resolva supostos desenvolvendo estratexias de cooperación na aprendizaxe
Discusión dirixida Planteamento de problemas ou antinomias nas que deben desenvolverse argumentos de diverso carácter sobre os temas planteados, de maneira ordeada e respectuosa cos posicionamentos non compartidos
Lecturas Lecturas complementarias e de profundización nas temáticas abordadas pola materia
Sesión maxistral Presentación dos aspectos máis significativos dos contidos temáticos da asignatura
Solución de problemas Construcción e defensa dun determinado rol ou punto de vista, no marco dunha dinámica grupal orientada ao desenvolvemento da racionalidade argumentativa, e da discusión respectuosa de posicionamentos encontrados
Proba de ensaio Proba de comprobación sobre as competencias da materia, relacionada coa reflexión sobre os principais contidos da materia. A través dun comentario de texto, no que se pode utilizar á documentación da disciplina.
Simulación Posta en escea dunha problemática simulada relacionada coa profesión do/a educador/a social , sobre a que se deben asumir posicións argumentadas, valorando distintas posibilidades.
Portafolios do alumno Traballo reflexivo do estudante que se pode facer de maneira individual ou en pequeno grupo e no que se reflicten as dinámicas das sesións interactivas en relación cos elementos abordados nas sesións expositivas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes