Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Pedagoxía social
   Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Proba de ensaio
Descrición
A atención personalizada, ben en sesións de aula, ou en titorías en pequeno grupo ou individuais, relaciónase coa necesidade de reforzar a aprendizaxe na elaboración de informes e memorias reflexivas, así como de comentarios de texto.

No caso da proba de ensaio, dedicarase unha sesión interactiva a traballar a elaboración de comentarios de texto, e ofreceranse en cada tema exemplos de textos sobre os que facer o ensaio, ofrecendo ao alumnado a posibilidade de entregar algún para a súa revisión e ter titorías individualizadas para reforzar esta aprendizaxe.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Agradécese que calquera necesidade e proposta de mellora sexa comunicada.

Programarase titoría individual co alumnado que non acuda ao 80% das sesións interactivas e/ou teña recoñecida a dedicación a tempo parcial/dispensa académica que lles exime da asistencia a clase, co obxecto de realizar unha axeitada orientación da aprendizaxe.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes