Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Pedagoxía social
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A1 A2 A3 A14 A16 Comentario de texto que pretende a comprobación sobre o grao de desenvolvemento de distintas competencias asociadas á materia. Terá en conta o desenvolvemento dos contidos presentados nas sesións maxistrais e traballados nas actividades realizadas polo alumnado. A súa realización pódese apoiar na documentación achegada e noutras lecturas realizadas 40
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A5 A14 A16 A20 B2 B3 C1 C8 Traballo reflexivo do estudante que se pode facer de maneira individual ou en pequeno grupo e no que se reflicten as dinámicas das sesións interactivas en relación cos elementos abordados nas sesións expositivas. 60
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia será preciso que cada un dos elementos de avaliación estean aprobados. Se algún dos elementos está aprobado e ou outro non gardarase para a segunda oportunidade a cualificación do elemento aprobado e só terá que recuperar o suspenso. 

Para o alumnado que por razóns debidamente acreditadas (alumnado matriculado a tempo parcial ou ao que sobreveña algunha continxencia laboral e/ou persoal)  non teña unha asistencia sistemática o portafolios orientarase cara a lecturas coas correspondentes reflexións arredor das temáticas abordadas na materias. 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes