Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Pedagoxía social
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A5 A14 A16 B2 Traballo reflexivo da materia, en pequeno grupo, e no que se reflicten as dinámicas das sesións interactivas en relación cos elementos abordados nas sesións expositivas.
O portafolio pretende ser a memoria documentada dun proceso creativo e educativo, no que se recolle a súa evolución, de tal maneira que sexa posible apreciar un “relato coherente” que permita recompoñer unha determinada traxectoria temática.
As competencias que se pretende valorar a través da realización e presentación do portafolio teñen que ver coa capacidade de análise, síntese, reflexión e interpretación de situacións, información relevante, etc.
Os criterios de avaliación son:
-Profundidade da reflexión a partir da propia participación nas dinámicas desenvoltas nas sesións interactivas.
- Grao de relación co marco teórico de referencia aportado nas sesións expositivas e nas lecturas recomendadas para cada temática.
60
Proba de ensaio A1 A3 A5 A14 A16 Comentario de texto que pretende a comprobación sobre o grao de desenvolvemento de distintas competencias asociadas á materia. Terá en conta o desenvolvemento dos contidos presentados nas sesións maxistrais e traballados nas actividades realizadas polo alumnado. A súa realización pódese apoiar na documentación achegada e noutras lecturas realizadas. É posible levar a documentación para a súa consulta no momento de realización da proba.
Os criterios de avaliación relacionados con esta proba son:
- Identificación da/s idea/s principai/s e secundaria/s do texto a través dun resumo breve. Se se empregase a modo de resumo un mapa conceptual ou un esquema deberán ser suficientemente completos e explicativos respecto dos conceptos/ideas e da súa relación (estrutura do texto). Valórase, por tanto, a capacidade descritiva e de síntese.
- Ampliación dos conceptos ou ideas contidas no texto de referencia, e a súa asociación con outros conceptos e/ou ideas, ou o seu contraste –matizacións ou puntos de vista encontrados- que outros autores/as defenden, estimando a capacidade argumentativa.
- Cando empreguemos os argumentos dun autor ou autora (ou os datos e/ou propostas dun estudo/informe concreto) coas nosas propias palabras citaremos a fonte.
40
 
Observacións avaliación

1.- Para poder sercalificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado todos os traballosesixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará como NONPRESENTADO/A ao non poder ser avaliado na totalidade das propostas deaprendizaxe.

2.- Para superar a materia é imprescindible ter superadas todas as probas. En caso contrario, a cualificaciónserá a da proba suspensa. Gardaranse as partes aprobadas durante a convocatoria anual.

3.- A asistencia e participación activa e esixente nas dinámicasde aula serán consideradas de forma positiva no proceso de avaliación.

4.- Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimentoda materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao inicio do cursopara a súa oportuna e axeitada consideración. Para o alumnado que, por razóns debidamente acreditadas ,non poida ter unha asistencia sistemática e o faga a tempo parcial,establécense criterios de avaliación adecuados, en cada caso, ás súascircunstancias, garantindo a igualdade de oportunidades. Criterios deavaliación:

  • Recensión e exposición oral dun dos libros da bibliografíabásica, que deberá ser acordado co profesor/a a inicios de curso para aconvocatoria de xaneiro, e a inicios do segundo cuadrimestre para aconvocatoria de xullo (30%).
  • Proba mixta (70%).

5.- Para acollerse á modalidade presencial, cómpre terunha asistencia mínima do 80%.

6.- Segundo o artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC: “A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario”.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes