Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Xénero, igualdade e educación
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Xénero, igualdade e educación Código 652G03007
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Iglesias Galdo, Ana Maria
Correo electrónico
ana.iglesias@udc.es
Profesorado
Iglesias Galdo, Ana Maria
Correo electrónico
ana.iglesias@udc.es
Web http://http://www.educacion.udc.es/doc_profesor.php?id=55
Descrición xeral Educar significa facilitarlle ó alumnado a aprendizaxe daqueles coñecementos, destrezas e competencias básicas que lles permitan tomar conciencia do funcionamento da sociedade e actuar en consecuencia desde unha posición crítica. Unha sociedade democrática e cada vez máis multicultural esixe, tamén da educación social, agudizar a mirada para detectar os elementos culturais que puideran ser discriminatorios para algún grupo social en particular, analizar os cambios e resistencias e contribuír a transformar as institucións, programas ou servicios sociais no que podan ter de inxusto ou discriminatorio. Enfocaremos os ámbitos da educación social, especialmente aqueles que teñen máis poder na definición das identidades: as familias, formalmente democráticas con restos patriarcais; a escola, formalmente coeducativa con reminiscencias do modelo mixto e os equipamentos, programas e servicios ligados ó tempo de ocio adolescente, ocupando un lugar destacado las redes de comunicación , no seu afán de crear ávidos consumidores. Desafiar a desigualdade en función do xénero require dun modelo crítico abertamente antisexista, para detectar onde persisten e son especialmente activos os sexismos. No marco desta materia, apelaremos á teoría feminista, en tanto teoría crítica reflexiva que aporta chaves para coñecer as causas da desigualdade, analizar os procesos de distribución de recursos, cuestionar as xerarquías sociais, buscar solucións que contribúan a globalizar un orde social que garanta a igualdade de mulleres e homes e, por ende, unha sociedade do século XXI, más inclusiva, democrática e socialmente xusta. Propoñemos, parafraseando á profesora Celia Amorós , identificar algúns dos fíos de cor de rosa tecidos nas redes sociais, que son, as liñas e direccións nas que puntearemos os fíos violeta da coeducación.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: - Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías docentes que se manteñen: - Sesión maxistral - Discusión dirixida - Traballos tutelados (Portafolio e Estudo de caso) - Atención personalizada 3. Metodoloxías docentes que se modifican: - Proba mixta. Non se realizaría, dado que a avaliación deses contidos se incorporarían ós Traballos tutelados: Portafolio e Estudo de caso. 4. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: - Correo electrónico para facer consultas. - Moodle: plataforma de intercambio de información para contestar ás dúbidas e manter actualizada a programación e seguimento da materia. - Teams. Unha sesión semanal de gran grupo para informar sobre do avance dos contidos teóricos e organizar os traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de Aulas da Facultade. 5. Modificacións na avaliación: 5.1. Modalidade A: Corresponde ao alumnado que forma parte dos grupos interactivos a establecer no inicio do curso 2020-2021, e que irán desenvolvendo un traballo tutelado (portafolio e estudo de caso) con asistencia e seguimento por parte da profesora. -Descrición : Portfolio 100%: Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas, paxinadas e cun índice introductorio que contería a información producto das actividades que, propostas pola profesora e recollidos os seus enunciados nun documento dispoñible en Moodle, está a realizar o alumnado referido no apartado anterior. Incluirá o diseño dun proxecto coeducativo (30%). 5.2. Modalidade B: Corresponde ó Alumnado matriculado que non está integrado nos grupos formados no inicio do curso e non s¡gue a materia segundo o planificado. - Descripción: Proba de comentario de texto (100%).A partires dun breve texto/situación, elaborar un comentario de texto nun tempo determinado, e coas referencias bibliográficas pertinentes en relación ós documebtos de traballo obxeto de avaliación. - Criterios de avaliación. TÓDALAS MODALIDADES. Claridade, corrección lingüística, síntese, e orde na estructura. Comprensión das ideas básicas, dominio conceptual, uso de diferentes fontes de información na elaboración das respostas. Rigurosidade, profundidade na argumentación/fundamentación e coherencia. Orixinalidade e pertinencia das relacións entre os contidos. Capacidade crítica. - O listado de contidos académicos de referencia obligatoria nas probas de avaliación, son os recollidos no “Dossier de Lecturas”, e os PDFS elaborados pola profesora, ambos dispoñibles en Moodle, así como aquela webgrafía que puntualmente se seleccione pertinente para completar o debate nalgunha temática 6. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes