Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Xénero, igualdade e educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A2 A9 A15 A17 B4 Adoptando o feminismo como marco conceptual, selección dunha temática para deseñar un proxecto coeducativo nalgún dos ámbitos da educación social: centro de menores, escola, centros cívicos, asociacións de ocio, deporte e tempo de lecer, campamentos, etc.
As datas para o seu desenvolvemento e sesións de titoría contempladas para este fin, serán acordadas na aula, a proposta da profesora. Ademáis de ser incluído no Portafol, cada grupo expoñerá o seu proxecto co obxeto de compartilo, sometelo a debate e valoralo.
15
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A8 A14 A20 B3 B6 C1 C7 Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas, paxinadas e cun índice introductorio que conterá os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado ó longo do semestre. Inclúe todo o traballo realizado : notas de clases, tarefas desenvolvidas, resumos, dificultades atopadas , comentarios etc. É froito do traballo tutelado e continuo en torno ós diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada da profesora ós distintos grupos. 25
Proba mixta A2 A3 A14 B6 C1 C6 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe o remate do curso, na que o alumnado deberá dar resposta ás cuestións prantexadas a través dun marco global e integrado dos diferentes núcleos temáticos contemplados nesta guía docente. 60
 
Observacións avaliación
Atendendo ó traballo e á participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opción:

OPCIÓN A. Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de aula (asistencia superior ó 80%):
a) Elaboración dun portafol grupal no que se recolleránas prácticas propostas relacionadas coa lectura e análise de materias diversos, as notas relativas ós grupos de discusión e as sesións maxistrais(25%)

b)Diseño dun Proxecto coeducativo que será exposto na aula (15%).
c) Exame sen material sobre os contidos da materia (60%).

Data: O Exame realizarase na Aula o derradeiro día de clase establecido no calendario para esta materia.

OPCIÓN B. Para o alumnado que non asiste/participa das actividades de aula (asistencia inferior ó 80%):
a) Exame: Proba mixta sobre os contidos da materia(80%).

b)No mesmo exame se prantexará unha pregunta referida a unha obra de lectura que será notificada en Moodle no mes de marzo(20%).

Data: O exame realizarase na data oficial establecida no Calendario de exames.
A este exame, baixo estas condicións, poderá presentarse todo o alumnado que non se presentara o anterior.

Na impresión dos traballos e a súa encuadernación teránse en conta criterios de sostenibilidade.

En calquera das dúas opcións é preciso obter unha avaliación favorable en cada unha das partes da materia.No caso de non ser así, a cualificación en Actas será a da parte suspensa. Asemade na proba é preciso contestar, cando menos parcialmente, a tódalas cuestións prantexadas. En caso contrario a cualificación será de Suspenso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes