Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Xénero, igualdade e educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A2 A9 A15 A17 B4 Adoptando o feminismo como marco conceptual, selección dunha temática para deseñar un proxecto coeducativo nalgún dos ámbitos da educación social: centro de menores, escola, centros cívicos, asociacións de ocio, deporte e tempo de lecer, campamentos, etc.
As datas para o seu desenvolvemento e sesións de titoría contempladas para este fin, serán acordadas na aula, a proposta da profesora. Ademáis de ser incluído no Portafol, cada grupo expoñerá o seu proxecto co obxeto de compartilo, sometelo a debate e valoralo.
10
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A8 A14 A20 B3 B6 C1 C7 Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas, paxinadas e cun índice introductorio que conterá os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado ó longo do semestre. Inclúe todo o traballo realizado : notas de clases, tarefas desenvolvidas, resumos, dificultades atopadas , comentarios etc. É froito do traballo tutelado e continuo en torno ós diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada da profesora ós distintos grupos. 20
Proba mixta A2 A3 A14 B6 C1 C6 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe o remate do curso, na que o alumnado deberá dar resposta ás cuestións formuladas a través dun marco global e integrado dos diferentes núcleos temáticos contemplados nesta guía docente. 70
 
Observacións avaliación

Criterios de avaliación.

Comprensión das ideas básicas,  dominio
conceptual, uso de diferentes fontes de información na elaboración das
respostas, rigurosidade, profundidade e coherencia, orixinalidade e pertinencia
das relacións, argumentación/fundamentación.

Estilo lingüístico: claridade, corrección lingüística, síntese, e orde na estrutura e na
presentación oral/escrita.

Opcións
en función do grao de asistencia.

OPCIÓN A. Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de aula (asistencia superior ó 80%):

a) Elaboración dun portafol grupal no que se recollerána unha selección das propostas relacionadas coa lectura e análise de materias diversos, as notas relativas ós grupos de discusión e as sesións maxistrais (20%).

b) Deseño e Presentación oral dun Proxecto coeducativo que será exposto na aula (10%).

c) Exame sen material sobre os contidos da materia (70%).

OPCIÓN B. Para o alumnado que non asiste/participa das actividades de aula (asistencia inferior ó 80%):


a) Exame: Proba mixta sobre os contidos da materia (80%). No mesmo exame se formulará unha pregunta referida a unha obra de lectura que será notificada en Moodle no mes de marzo (20%).

Na impresión dos traballos e a súa encuadernación teránse en conta criterios de sostenibilidade.


En calquera das dúas opcións é preciso contestar, cando menos parcialmente, a tódalas cuestións formuladas (en caso contrario a cualificación será de Suspenso), e obter unha avaliación favorable en cada unha das partes da materia. No caso de non ser así, a cualificación en Actas será a da parte suspensa en base 10.

O alumnado con recoñecemento oficial de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia, deberá acudir a titorías para fixar as sesións interactivas e
expositivas nas que poderá estar presente co fin de determinar os
traballos sustitutorios, se fose o caso. Nesta titoría será informado do procedemento de avaliación que será o que resulte máis a2caído en función da súa presencia/ausencia nas sesións interactivas."

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes