Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Xénero, igualdade e educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A2 A9 A15 A17 B4 Adoptando o feminismo como marco conceptual, selección dunha temática para deseñar un proxecto coeducativo nalgún dos ámbitos da educación social: centro de menores, escola, centros cívicos, asociacións de ocio, deporte e tempo de lecer, campamentos, etc.
As datas para o seu desenvolvemento e sesións de titoría contempladas para este fin, serán acordadas na aula, a proposta da profesora. Ademáis de ser incluído no Portafol, cada grupo expoñerá o seu proxecto co obxeto de compartilo, sometelo a debate e valoralo.
10
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A8 A14 A20 B3 B6 C1 C7 Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas, paxinadas e cun índice introductorio que conterá os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado ó longo do semestre. Inclúe todo o traballo realizado : notas de clases, tarefas desenvolvidas, resumos, dificultades atopadas , comentarios etc. É froito do traballo tutelado e continuo en torno ós diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada da profesora ós distintos grupos. 10
Proba mixta A2 A3 A14 B6 C1 C6 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe o remate do curso, na que o alumnado deberá dar resposta ás cuestións formuladas a través dun marco global e integrado dos diferentes núcleos temáticos contemplados nesta guía docente. 80
 
Observacións avaliación
Criterios de avaliación:
  • Comprensión das ideas básicas, dominio conceptual, uso de diferentes fontes de información na elaboración das respostas, rigurosidade, profundidade e coherencia, orixinalidade e pertinencia
    das relacións, argumentación/fundamentación
  • Estilo lingüístico: claridade, corrección lingüística, síntese, e orde na estrutura e na
    presentación oral/escrita.
Modalidade de avaliación en función do grao de asistencia:
OPCIÓN A: Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de aula (asistencia superior ó 80%):
a) Portafolios máis deseño e presentación oral dun Proxecto de coeducación que será exposto na aula (20%).
b) Exame sen material sobre os contidos da materia (80%).

OPCIÓN B.
Para o alumnado que non asiste/participa das actividades de aula (asistencia inferior ó 80%):
a) Exame: Proba mixta sobre os contidos da materia (100%).

Nota: En calquera das dúas opción, no exame é preciso contestar, cando menos
parcialmente, a tódalas cuestións formuladas (en caso contrario a
cualificación será de Suspenso), e obter unha avaliación favorable en
cada unha das partes da materia. No caso de non ser así, a cualificación
en Actas será a da parte suspensa en base 10.

O alumnado con recoñecemento oficial de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, deberá acudir a titorías para fixar as sesións interactivas e expositivas nas que poderá estar presente co fin de determinar os traballos sustitutorios, se fose o caso. Nesta titoría será informado do procedemento de avaliación que será o que resulte máis acaído en función da súa presencia/ausencia nas sesións interactivas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes