Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Xénero, igualdade e educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A2 A9 A15 A17 B4 Tendo como referencia a bibliografía e as actividades desenvolvidas na aula, e adoptando o feminismo como marco conceptual, deseñarase un proxecto coeducativo pensado para algún dos contextos de educación social: servimos de igualdade, centro de menores, escola, familias, centros cívicos, asociacións de ocio, deporte, cultura e tempo de lecer, campamentos, etc.
O proxecto será exposto co obxeto de compartilo, sometelo a debate e valoralo
20
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A8 A14 A20 B3 B6 C1 C7 Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas, paxinadas e cun índice introductorio que conterá os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado ó longo do semestre. Inclúe todo o traballo realizado : notas de clases, tarefas desenvolvidas, resumos, dificultades atopadas , comentarios etc. É froito do traballo tutelado e continuo en torno ós diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada da profesora ós distintos grupos. 40
Proba mixta A2 A3 A14 B6 C1 C6 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe o remate do curso, na que o alumnado deberá dar resposta ás cuestións formuladas a través dun marco global e integrado dos diferentes núcleos temáticos contemplados nesta guía docente. 40
 
Observacións avaliación
Criterios de avaliación:


- Comprensión das ideas básicas, dominio conceptual,
uso de diferentes fontes de información na elaboración das respostas,
rigurosidade, profundidade e coherencia, orixinalidade e pertinencia das
relacións, argumentación/fundamentación, capacidade crítica.



-Estilo lingüístico: claridade, corrección
lingüística, síntese, e orde na estrutura e na presentación oral/escrita.



Opcións en función do grao de asistencia



OPCIÓN A. Para o alumnado que asiste/participa nas
actividades de aula (asistencia superior ó 80%):



a. Portafolio (40%).

b. Estudo de casos: Deseño e presentación oral dun
Proxecto de coeducación (20%).



c. Proba mixta: Exame sen material sobre os contidos da materia
(40%).



OPCIÓN B. Para o alumnado que non asiste/participa das
actividades de aula (asistencia inferior ó 80%):



- Proba mixta: Exame sen material  sobre os contidos da materia
(100%).



 



En calquera das dúas opcións é preciso contestar,
cando menos parcialmente, a tódalas cuestións formuladas (en caso contrario a
cualificación será de Suspenso), e obter unha avaliación favorable en cada unha
das partes da materia. No caso de non ser así, a cualificación en Actas será a
da parte suspensa en base 10. O alumnado con recoñecemento oficial de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia,
deberá acudir a titorías para fixar as sesións interactivas e expositivas nas
que poderá estar presente co fin de determinar os traballos sustitutorios, se
fose o caso. Nesta titoría será informado do procedemento de avaliación que
será o que resulte máis acaído en función da súa presencia/ausencia nas sesións
interactivas.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes