Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Tecnoloxías da información e a comunicación social
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A5 A7 C8 A proba mixta corresponde ao exame final sobre avaliación dos contidos teóricos da materia. Consistirá en dar resposta a varias cuestións de carácter comprensivo que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos teóricos abordados ao longo da materia. 30
Traballos tutelados A7 A9 A11 A15 B3 B6 C1 C3 En relación cos traballos tutelados valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade da exposición.
70
 
Observacións avaliación

1. SITUACIÓNS:

A) Alumnado con dedicación completa:
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
   a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (70%).
   b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (30%).

B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (Art. 6.b) (04/05/2017):
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
    a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (70%).
    b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (30%).


2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: (para o lumnado con dedicación completa e alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial)

  1. Asistir / participar regularmente nas actividades da clase (80%).

  2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados e proba mixta).

  3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique, que será previa á do exame oficial. Para presentarse ao exame é obrigatorio ter presentados e aprobados os traballos.

  4. A oportunidade/convocatoria de xullo e extraordinaria estarán sometidas aos mesmos criterios que a convocatoria de xuño.


3. IMPLICACIÓNS DA FRAUDDE ACADÉMICA na realización das probas ou actividades de avaliación: 
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".


4. PERSPECTIVA DE XÉNERO. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia
universitaria incorpórase a perspectiva de xénero nesta materia:
  1. Utilizando linguaxe non sexista, utilizando bibliografía de autores/as de
    ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas, promoverase
    a participación en grupos de traballo paritarios, etc).
  2. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e
    influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
    igualdade.
  3. Farase
    fincapé en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e
    proporanse accións e medidas para corrixilas."

5. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: a materia poderá adaptarse ao alumnado que requira a adopción de
medidas orientadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva,
de aprendizaxe ou relacionadas coa saúde mental). Se é o caso, deberán
contactar, nos prazos oficiais estipulados con anterioridade a cada
cuadrimestre, cos servizos dispoñibles na UDC, coa Unidade de Atención á
Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes