Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Educación ambiental e cultura da sustentabilidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A5 A6 A7 A9 A10 A11 A18 B2 B3 C3 C4 Asistencia e participacion nas aulas expositivas
Asistencia e participación nas aulas interactivas (exposición de traballos, de leturas recomendadas, elaboración de documentos...)
Realización e entrega dos traballos propostos para facer en pequenos grupos (deseño de actividades, avaliación de materiais e recursos...)
20
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 A11 A20 B2 B3 C1 C3 C4 C6 C8 Traballos individuais ou en pequeno grupo (segundo indicacións en cada caso) sobre textos, recursos ou experiencias solicitados nas sesións de aulas 10
Presentación oral A9 A20 B2 B3 B6 C3 C6 Dos traballos en pequeno grupo: trátase da defensa das propostas para ser avaliada de forma conxunta entre as personas que o realizan (autoavaliación), o resto do alumnado (interavaliación) e a profesora, como parte do proceso e antes da entrega do traballo definitivo. Non ten cualificación até o final
10
Saídas de campo A1 A5 A11 A20 B2 B3 C4 C6 C8 Trátase dun traballo teórico-práctico no que antes-durante e tras a visita a unha experiencia de educación ambiental o alumnado recolle observacións, información e fotografías que lle permitirán realizar avaliacións das experiencias 10
Sesión maxistral A1 A5 A11 A20 B3 C4 C6 C8 Asistencia e participación 10
Discusión dirixida A1 A2 A12 A20 B3 B6 C4 C6 C8 Presentación das ideas principais de 1 dos 3 libros obligatorio na aula, coa finalidade de que o alumnado que non o leu poda presentar de forma argumentada as 3 ideas que lle resultaron máis interesantes. É obligatoria a asistencia á exposición dos 3 libros e a presentación das ideas principais dos 2 libros non lidos.
As persoas que non asistan ás 3 discusións dos libros deben entregar a recensión de 2 dos 3 libros propostos.
10
Investigación (Proxecto de investigación) A6 A7 A9 A15 Traballo en pequeno grupo que consiste en deseñar de forma colaborativa unha exposición interactiva sobre o tema acordado nas aulas e seguindo o proceso proposto para a súa realización 30
 
Observacións avaliación

As persoas que asisten asiduamente ás aulas (80% de asistencia) serán avaliadas por: 

1. Proxecto de investigación/deseño de proposta expositiva (30% da nota)

2. Traballos realizados (nas sesións presenciais ou no traballo autónomo) que corresponde aos epígrafes de presentación oral, aprendizaxe colaborativa (10 puntos), estudo de caso e saídas de campo (40% da nota)

3. Presentación oral dun dos libros obligatorios e realizar un traballo escrito sobre a presentación dos outros 2 seguindo as indicacións da profesora, ou ben entregar unha recensión de 2 dos 3 libros (10% da nota)

4. Asistencia e participación (corresponde a aprendizaxe colaborativa(10 puntos) e sesión maxistral (20% da nota)
 
As persoas que non asistan habitualmente (menos do 80% das aulas) deben solicitar con anterioridade no Decanato a dispensa e:

1. Realizar a recensión de 2 dos 3 libros sinalados anteriormente (Breve presentación das autor/as; ideas principais de cada capítulo; conclusións relacionando os obxectivos do libro coas achegas e desenvolvemento que fan as autor/as; reflexión persoal)
2. Avaliar un programa ou recurso para a educación ambiental seguindo as instruccións da profesora (solicitar fotocopias de criterios e indicadores para a avaliación)
3. Análise e comparación dun dos sectores que aborda o Libro Blanco de la Educación Ambiental en España e da Estratexia Galega para a Educación Ambiental (educación formal, non fomal, empresas, asociacionismo, sindicatos...)
4. Examen final con material

Para poder presentarse ao examen é necesario entregar con ANTERIORIDADE os traballos sinalados
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes