Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Subjects
  Environmental Education and Sustainability
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Collaborative learning A5 A6 A7 A9 A10 A11 A18 B2 B3 C3 C4 Asistencia e participacion nas aulas expositivas
Asistencia e participación nas aulas interactivas (exposición de traballos, de leturas recomendadas, elaboración de documentos...)
Realización e entrega dos traballos propostos para facer en pequenos grupos (deseño de actividades, avaliación de materiais e recursos...)
10
Case study A1 A5 A6 A7 A10 A11 A20 B2 B3 B4 B5 C1 C3 C4 C6 C8 Traballos individuais ou en pequeno grupo (segundo indicacións en cada caso) sobre textos, recursos ou experiencias solicitados nas sesións de aulas 20
Oral presentation A9 A20 B2 B3 B6 C3 C6 Dos traballos en pequeno grupo: trátase da defensa das propostas para ser avaliada de forma conxunta entre as personas que o realizan (autoavaliación), o resto do alumnado (interavaliación) e a profesora, como parte do proceso e antes da entrega do traballo definitivo. Non ten cualificación até o final
10
Field trip A1 A5 A11 A20 B2 B3 C4 C6 C8 Trátase dun traballo teórico-práctico no que antes-durante e tras a visita a unha experiencia de educación ambiental o alumnado recolle observacións, información e fotografías que lle permitirán realizar avaliacións das experiencias 10
Guest lecture / keynote speech A1 A5 A11 A20 B3 C4 C6 C8 Asistencia e participación 10
Directed discussion A1 A20 B3 B4 B5 B6 C4 C6 C8 Presentación das ideas principais de 1 dos 3 libros obligatorio na aula, coa finalidade de que o alumnado que non o leu poda presentar de forma argumentada as 3 ideas que lle resultaron máis interesantes. É obligatoria a asistencia á exposición dos 3 libros e a presentación das ideas principais dos 2 libros non lidos.
As persoas que non asistan ás 3 discusións dos libros deben entregar a recensión de 2 dos 3 libros propostos.
10
Research (Research project) A6 A7 A9 A15 Traballo en pequeno grupo que consiste en deseñar de forma colaborativa unha exposición interactiva sobre o tema acordado nas aulas e seguindo o proceso proposto para a súa realización 30
 
Assessment comments

As persoas que asisten asiduamente ás aulas (80% de asistencia) serán avaliadas por: 

1. Proxecto de investigación/deseño de proposta expositiva (30% da nota). Obligatorio

2. Traballos realizados (nas sesións presenciais ou no traballo autónomo) que corresponde aos epígrafes de presentación oral, aprendizaxe colaborativa (10 puntos), estudo de caso e saídas de campo (30% da nota)

3. Presentación oral dun dos libros obligatorios e realizar un traballo escrito de síntese sobre a presentación dos outros 2 seguindo as indicacións da profesora. As persoas que non asisten á presentación dos libros deben entregar a recensión de 2 dos 3 libros (1. breve presentación das autor/as; 2. ideas principais de cada capítulo;
3. conclusións relacionando os obxectivos do libro, coas achegas e
desenvolvemento que fan as autor/as; 4. reflexión persoal) (10% da nota) Obligatorio

4. Asistencia e participación e sesión maxistral (20% da nota)

Para aprobar é necesario ter aprobadas cada unha das partes
 
As persoas que non acadan o 80% da asistencia deben solicitar con anterioridade no Decanato a dispensa e entregar a aprobación da mesma, ademáis dos seguintes traballos:

1. Realizar a recensión de 2 dos 3 libros sinalados anteriormente (1. breve presentación das autor/as; 2. ideas principais de cada capítulo;
3. conclusións relacionando os obxectivos do libro, coas achegas e
desenvolvemento que fan as autor/as; 4. reflexión persoal)
2. Avaliar 















dun equipamento para a educación ambiental
aplicando os criterios da Carta Galega de Calidade para os centros e entidades
de educación ambiental



3. Análise e comparación 















entre o Libro Blanco de la Educación Ambiental en
España e da Estratexia galega de Educación Ambiental o Programa Fenix o Plan de
Acción de Educación Ambiental para la Sostenibilidad e relacionar cos Obxectivos
para o Desenvolvemento Sostible



4. Avaliar unha exposición dos Museos Científicos da cidade, segundo as indicacións facilitadas
5. Examen final (pode tarer o material que considere oportuno)

Para poder presentarse ao examen é necesario entregar con ANTERIORIDADE os traballos sinalados. Para aprobar é necesario ter aprobadas cada unha das partes
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes